Pilar Eyre

xornalista e escritora española

Pilar Eyre Estrada, nada en Barcelona o 13 de setembro de 1951, é un novelista e periodista española de orixe galega.

Infotaula de personaPilar Eyre Estrada

Pilar Eyre na Diada de Sant Jordi 2015 en Barcelona.
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1951 (72 anos)
Barcelona, España
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista , youtubeira Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1932488 Twitter: pilareyre Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Filla do pintor galego Vicente Eyre Fernández († 2008) e de Pilar Estrada Borrajo de Orosco († 1992), Pilar é a mediana de tres irmás. As súas irmás chámanse Olga e Georgina.[1] Tras estudar Filosofía e Letras e Ciencias da Información, adicouse plenamente ao xornalismo, en primeiro lugar en prensa escrita, colaborando en diarios como Hoja del Lunes, La Vanguardia, Interviú, El Periódico de Catalunya ou El Mundo.

Posteriormente, deu o salto aos medios audiovisuais, tanto radio coma televisión. Foi a través da pequena pantalla como obtivo un maior grao de popularidade, colaborando sobre todo como analista e comentarista de crónica social. Así, dende principios da década de 1990 comezou a colaborar con Jordi González no programa La palmera (1991), que se emitía en Televisión Española. Sucesivamente, as súas aparicións como contertulia e entrevistadora habitual, inclúen os espazos La máquina de la verdad (1993), con Julián Lago, Hormigas blancas (2007), con Jorge Javier Vázquez, ¡Qué tiempo tan feliz! (2010), con María Teresa Campos e La Noria (2008-2012) de novo con Jordi González.

A súa relación coa literatura iníciase en 1985, cando publica Vips: todos los secretos de los famosos. Foi finalista do Premio Planeta 2014 coa novela Mi color favorito es verte, historia autobiográfica que conta a historia de amor de madurez dunha xornalista cun reporteiro de guerra, ao que coñece tres días antes de que este teña que partir, o seu secuestro e a busca que a periodista emprende para tratar de reencontralo.

En 2014, foi finalista do Premio Planeta[2] e, en decembro de 2015, gañou o I Premio Joaquín Soler Serrano de Literatura.

Obras publicadas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar