Pieter Sjoerds Gerbrandy

político neerlandés

Pieter Sjoerds Gerbrandy, nado o 13 de abril de 1885 en Goaiïngea e finado o 7 de setembro de 1961 na Haia, foi un avogado e político neerlandés que foi primeiro ministro do goberno neerlandés no exilio, durante a segunda guerra mundial, do 3 de setembro de 1940 ata o 24 de xuño de 1945

Infotaula de personaPieter Sjoerds Gerbrandy
Biografía
Nacemento13 de abril de 1885 Editar o valor em Wikidata
Goënga
Morte7 de setembro de 1961 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Haia
Lugar de sepulturaOud Eik en Duinen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Primeiro Ministro dos Países Baixos
Período3 de setembro de 1940 - 24 de xuño de 1945
AntecesorDirk Jan de Geer
SucesorWim Schermerhorn
Datos persoais
País de nacionalidadeReino dos Países Baixos Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrejas Reformadas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Livre de Amesterdão (pt) Traducir
Universidade de Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado e político
EmpregadorUniversidade Livre de Amesterdão (pt) Traducir, catedrático de universidade (1930–1939) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAnti-Revolutionaire Partij - ARP
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHendrina Elisabeth Sikkel
Premios

Discogs: 1922572 WikiTree: Gerbrandy-6 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Gerbrandy naceu nunha aldea preto de Snits en Frisia. Estudou na Universidade Libre de Ámsterdan, despois de se graduar en 1911 exerceu como avogado en Leiden e despois en Snits. En 1918 como capitán na reserva foi de voluntario á Haia para facer fronte á proclamación da revolución socialista polo líder socialista Pieter Jelles Troelstra. Entre 1920 a 1930 foi membro da asemblea provincial polo Partido Antirrevolucionario. Desde 1930 era profesor na Universidade Libre de Ámsterdan e en 1939 fora ministro de Xustiza no gabinete de Dirk Jan de Geer contra a recomendación do seu partido. Tras a invasión alemá en 1940, e o exilio da familia real e o goberno, polo seu rexeitamento da política derrotista de De Geer a raíña Guillermina nomeouno primieiro ministro do goberno neerlandés no exilio, servindo tamén como ministro de xustiza e colonias. Pola súa iniciativa comezou a emitir Radio Oranje que subministraba información á poboación neerlandesa baixo ocupación alemá e no que el emitía chamados á poboación. Despois da liberación du sur do país, ao marchar os ministros socialistas formou un novo goberno, estritamente subordinado ao goberno militar e tras a total liberación dos Países Baixos cesou nas súas funcións. Gerbrandy opúxose á chamada "política indonesia" e presidiu de 1946 a 1950 o Comité Nacional para a Preservación da Unidade do Reino, que se opuña á independencia de Indonesia. Entre 1948 e 1959 foi deputado no Parlamento, e en 1955 concedéronlle o título de Ministro de Estado e en 1956 estivo na coñecida como comisión Beel que se encargou do affaire Greet Hofmans e da súa relación coa Casa Real.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Primeiro Ministro dos Países Baixos

Segue a:
Dirk Jan de Geer
Pieter Sjoerds Gerbrandy
Precede a:
Wim Schermerhorn
Anti-Revolutionaire Partij - ARP