Pieter Boel
Pieter Boel, nado en Antuerpen en 1622 e finado en París en 1674, foi un ilustrador, gravador e pintor barroco flamengo, especializado na pintura de animais, escenas de caza e naturezas mortas.
Pieter Boel | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1622 e 22 de outubro de 1626 |
Lugar de nacemento | Antuerpen |
Falecemento | 3 de setembro de 1674 |
Lugar de falecemento | París |
Nacionalidade | Países Baixos do Sur |
Ocupación | pintor e artista gráfico |
Fillos | Jan Baptist Boel II |
Irmáns | Quirin Boel |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do gravador Jan Boel, foi bautizado en Antuerpen o 10 de outubro de 1622. Formado na pintura con Jan Fyt, está documentada a súa presenza en Xénova entre 1647 e 1649. De regreso a Antuerpen, en 1650 foi admitido como mestre no gremio de San Lucas. Cara a 1669 trasladouse a París, onde traballou ás ordes de Charles Le Brun (1619-1690) nas tapizarías reais, para as que executou un número importante de debuxos de animais, moitos actualmente conservados no Museo do Louvre, incorporados aos cartóns que servían de modelo para os tapices destinados á corte de Luís XIV.[1]
A súa especialidade animalística levouno a colaborar ocasionalmente con outros pintores, como Jacob Jordaens ou Erasmus Quellinus II. Nos seus bodegóns, nos que se manifesta a influencia de Jan Fyt, incorpora pezas de caza e ricos obxectos de alto valor decorativo. Entre eles cabe destacar algúns conservados no Museo do Prado, como Caza e cans e Armas e instrumentos de guerra.
NotasEditar
- ↑ "Debuxos de Pieter Boel no Museo do Louvre.". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de xullo de 2016.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Vlieghe, H. (2000): Arte y arquitectura flamenca, 1585-1700. Madrid, Cátedra. ISBN 84-376-1842-8, pp. 341–342.
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pieter Boel |
- Boel, Peeter, na Enciclopedia online do Museo do Prado (en castelán).
- Peeter Boel, en Rijksbureau voor Kunsthistorische Documentatie (RKD) (en nepalés).