Aderno de folla estreita

especie de planta
(Redirección desde «Phillyrea angustifolia»)
Aderno de folla estreita
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Xénero: Phillyrea
Especie: P. angustifolia
Nome binomial
Phillyrea angustifolia
L.

O aderno de folla estreita[1] (Phillyrea angustifolia) é un arbusto de follas persistentes, da familia das oleáceas.

Pódese atopar polo Mediterráneo occidental (Italia, España e Francia).

Tamén recibe o nome de sao[2].

Atopámolo na parte oriental de Galiza. En España atópase en case todas as provincias, mesturado con aciñeiras, ou sobreiras.

Descrición editar

É unha planta leñosa que alcanza os 2-3 metros de altura. As follas son sinxelas de 6 cm de lonxitude, opostas e perennes de cor verde escura e as marxes dentadas. As flors de cor branca con catro sépalos e catro pétaos reunidos parcialmente nun breve tubo. O froito é unha drupa carnosa semellante á oliva.

Notas editar

  1. Nome vulgar galego en Buscatermos da Universidade de Santiago de Compostela- https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15877259
  2. Nome vulgar galego en Dicionario de Dicionarios. Corpus lexicográfico da lingua galega. Aníbal Otero Álvarez (1956): Contribución al léxico gallego y asturiano, Archivum (Oviedo) VI, pp. 382-399- http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=sao&tipo_busca=lema&acentos=n&comodins=s#AOCLGA%2031956

Ligazóns externas editar