Petro Kryk
Petro Kryk (en ucraíno: Петро Крик), nado o 24 de abril de 1945 en Kobylnica Wołoska (hoxe no voivodato de Subcarpacia, Polonia) é un eclesiástico greco-católico ucraíno, exarca apostólico de Alemaña e Escandinavia dende 2000 até 2021.
Петро Крик (Petro Kryk) | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica bizantina ucraína | |
Biografía | |
Nacemento | 25 de abril de 1945 en Kobylnica Wołoska, Polonia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 6 de agosto de 1971, por Władysław Miziołek |
Consagración episcopal | 3 de febreiro de 2001, por Jan Martyniak |
Exarca apostólico de Alemaña e Escandinavia | |
2000 - 2021 | |
Predecesor | Platon Volodyslav Kornyliak |
Sucesor | Bohdan Dziurakh |
Outros | |
![]() Escudo de Petro Kryk | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Fillo de Hryhoriy e Anna Kryk, naceu o 25 de abril de 1945, mais durante a Operación Vístula de 1947 a súa familia foi reasentada forzosamente aos territorios recuperados do norte de Polonia. Logo de rematar os seus estudos, entrou no Seminario Teolóxico Hosianum de Olsztyn, tendo que interromper os seus estudos teolóxicos entre 1965 e 1967 para facer o servizo militar, e posteriormente continuounos no Seminario Teolóxico Metropolitano de Varsovia.
Foi ordenado diácono o 27 de xuño de 1971 e sacerdote o 6 de agosto seguinte. Logo de exercer o seu ministerio pastoral durante 20 anos entre os greco-católicos ucraínos, en 1996 foi nomeado protosyncellus da eparquía de Wrocław-Gdańsk.
O 20 de novembro de 2000 foi nomeado bispo titular de Castra Martis e exarca apostólico de Alemaña e Escandinavia, recibindo a consagración episcopal o 3 de febreiro de mans do metropolita de Przemyśl-Varsovia Jan Martyniak.