Petra Karin Kelly, nada en Günzburg o 29 de novembro de 1947 e finada en Bonn o 1 de outubro de 1992, foi unha política e activista pola paz alemá e unha das principais fundadoras da partido Alianza 90/Os Verdes.

Modelo:BiografíaPetra Kelly

(1987) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Petra Karin Lehmann Editar o valor en Wikidata
29 de novembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Günzburg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1992 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Bonn, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaWaldfriedhof Würzburg (en) Traducir, Abteilung 4, Feld 4, Reihe 20, Nr. 7 Editar o valor en Wikidata
Membro do Bundestag
18 de febreiro de 1987 – 20 de decembro de 1990
Lexislatura: 11th German Bundestag (en) Traducir

Representante da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Alemaña

1 de xullo de 1985 – 4 de maio de 1987
Membro do Bundestag
29 de marzo de 1983 – 18 de febreiro de 1987
Lexislatura: 10th German Bundestag (en) Traducir

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Portugal

29 de xuño de 1934 – 1 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónAmerican University (pt) Traducir
Universidade de Ámsterdam
Hampton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bonn
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, activista, ecoloxista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialdemócrata de Alemaña
Alianza 90/Os Verdes Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParellaGert Bastian Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4395079 BNE: XX1724998 Find a Grave: 172473391 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Kelly e Otto Schily despois das eleccións de 1983 na RFA

Petra Karin Lehmann naceu en Günzburg, Baviera, en 1947, e cambiou o seu apelido por Kelly tras casar a súa nai co que foi o seu padrasto, un oficial da armada estadounidense. Foi educada de moi nova na relixión católica nun convento de Günzburg e despois asistiu ao colexio en Xeorxia, ao radicarse a súa familia nos Estados Unidos. Viviu e estudou nos Estados Unidos entre 1959 e 1970.

Kelly foi admiradora de Martin Luther King, Jr. e fixo campaña a favor de Robert F. Kennedy e Hubert H. Humphrey nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 1968. Estudou ciencias políticas na School of International Service na denominada American University en Washington, D.C. dende 1966 e graduouse polo European Institute na Universidade de Ámsterdam en 1971. Mentres traballaba na Comisión Europea (1971-1983), participou en numerosas campañas a favor da paz e o medio natural en Alemaña e noutros países.

Kelly foi unha das fundadoras en 1979 do Partido dos Verdes (Die Grünen), o Bündnis 90 / Die Grünen. Entre os anos 1983 e 1990, foi membro do Bundestag polos Verdes. En maio de 1983 viaxou a Tenerife, onde apoiou coa súa firma o Manifesto de Tenerife, documento precursor do partido político dos Verdes españois.[1] A súa publicación coincidiu coa polémica sobre a pertenza de España na OTAN e o florecimiento dos diversos partidos verdes no resto de países europeos.[2][3]

Despois de traballar para a Comisión Europea, cambiou o traballo por unha praza de administración no Comité Económico e Social Europeo, onde loitou polos dereitos das mulleres.[4]

Kelly recibiu o Right Livelihood Award (coñecido como o Premio Nobel Alternativo) en 1982 "...por forxar e implementar unha nova visión unindo os asuntos ecolóxicos co desarme, a xustiza social e os dereitos humanos".[5] En 1987 escribiu o libro Fighting for Hope publicado por South End Press, que é un chamamento urxente por un mundo libre de violencia entre o norte e o seu, homes e mulleres, as persoas e a súa contorna.[6]

En 1992 Petra Kelly faleceu asasinada en Bonn mentres durmía por un disparo aparentemente pola súa parella, o antigo xeneral da OTAN e político do partido verde Gert Bastian (nacido en 1923), que despois se suicidou. Ela tiña 44 e el 69.[7][8] O seu corpo foi descuberto o 19 de outubro, mais determinouse que a data da morte foi arredor do día 1.[9][10] Kelly foi enterrada en Waldfriedhof en Würzburg.

Legado

editar

A cidade de Bonn dedicoulle en abril de 2006 un recordatorio dunha vida dedicada á paz, cambiando o nome dunha parte da rúa Franz-Josef-Strauß-Allee por Petra-Kelly-Allee.

Co obxectivo de permitir que as ideas políticas de Petra Kelly e a súa mensaxe continuasen vivos, creouse en 1997 a fundación Petra Kelly como parte da fundación Heinrich Böll.[11] A fundación Heinrich Böll mantén os arquivos de Petra Kelly e presenta, dende o ano 1998, o premio internacional Petra Kelly para os dereitos humanos, a ecoloxía e a política pola non violencia.[12][13][14]

En palabras do seu amigo, o Dalai Lama: “Petra Kelly foi designada para dedicar a súa vida e persoa na loita polos oprimidos, os débiles e os perseguidos da época en que vivimos. O seu espírito e legado de solidariedade humana e inquietude continúan a inspirarnos e animarnos a todos”.

  1. O partido foi finalmente constituído en novembro dese mesmo ano.
  2. Historia de Los Verdes Capítulo II: El Manifiesto de Tenerife, por Esteban Cabal.
  3. "Web de Ángel Francisco Rodríguez Barreda". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 09 de xaneiro de 2021. 
  4. Petra Kelly By Josh Kamrar
  5. "Right Livelihood Award: 1982 - Petra Kelly". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 27 de decembro de 2006. 
  6. Kelly, Petra (1984). Fighting for Hope. South End Press. 
  7. "Who Killed Petra Kelly". Mother Jones. Xaneiro–Febreiro de 1993. 
  8. "The Death of Petra Kelly". People In Action. decembro de 2004. 
  9. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2009. Consultado o 09 de xaneiro de 2021. 
  10. Hilton, Isabel (24 de outubro de 1992). "What killed Petra Kelly?". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2012. Consultado o 29 de setembro de 2012. 
  11. Petra Kelly Stiftung
  12. Os arquivos da fundación poden consultarse en: http://www.boell.de/ e http://www.boell.de/en/13_archiv/356.html Arquivado 07 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
  13. "Heinrich Böll Stiftung | Startseite". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2014. Consultado o 09 de xaneiro de 2021. 
  14. "Petra Kelly Awards". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2007. Consultado o 07 de febreiro de 2007. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Parkin, Sara. La Vida i Mort de Petra Kelly, Rius Oram Premsa/Pandora, 1995 (ISBN 0-04-440940-0)
  • Saskia Richter. Dau Aktivistin: Das Leben der Petra Kelly. Deutsche Verlags-Anstalt, Múnic 2010, ISBN 978-3-421-04467-9.

Ligazóns externas

editar