Abrir o menú principal
Xogadores de petanca no peirao de Niza.

A petanca ou bochas[1] é un xogo popular tipicamente provenzal, aínda que xa amplamente distribuído por Europa Occidental.

HistoriaEditar

Os xogos populares con bólas están amplamente difundidos por todo o planeta, con diversidade de regras e de sistemas de xogo, e existen evidencias históricas que remontan ao Antigo Exipto, a Grecia ou a Roma. A idade de ouro dos xogos de bóla é sen dúbida o Renacemento, onde a nobreza comeza a xogar ao bilboqué ou ao jeu de paume. No século XVIII e XIX en Francia e particularmente na súa metade sur, había distintas modalidades de xogos de bólas tradicionais, entre eles o xogo provenzal que é o antecedente directo da petanca.

O 13 de xullo de 1907 o campión de xogo provenzal Jules Hugues, limitado nas súas capacidades polo reumatismo, decide inventar unha variante que obrigue a xogar cos pés xuntos (sen carreira), e nun campo restrinxido. O xogo, coas novas regras, comeza a desputarse na beirarrúa que está enfronte do café La boule étoilée (a bóla estrelada), na vila mariñeira de La Ciutat, no departamento occitano de Bocas do Ródano.

O primeiro campionato oficial do xogo ten lugar na mesma vila de La Ciutat en 1910 onde recibe o seu nome, procedente do occitano pès-tancats (pés xuntos).

O xogoEditar

RegrasEditar

A petanca consiste en guindar unha serie de bólas metálicas co propósito de achegarse o máis posible a unha pequena bóla de madeira que foi lanzada anteriormente por un dos xogadores. Quen se achegue máis ao remate da quenda de lanzamentos, obtén un punto. O primeiro que consiga trece puntos gaña.

Cada xogador lanza, por quenda, tres bólas na modalidade individual e dúas se se xoga por equipos. Os lanzamentos poden ser de tres tipos: de aproximación; de "tiro", para intentar afastar unha bóla dun xogador contrario batendo nela; e de "empuxe", facendo rodar a bóla para achegar máis unha propia ao boliche ou para afastar unha contraria.

MateriaisEditar

As bólas teñen que ser metálicas (non deben conter chumbo nin area no seu interior) cunhas estrías ao redor. O diámetro debe estar entre 7 e 8 cm, mentres que o seu peso oscila entre os 625 e os 800 g. A bóla pequena é de madeira e debe ter un diámetro de entre 2,5 e 3,5 cm.

Campo de xogoEditar

A petanca xógase en espazos abertos, limitados ou non, fundamentalmente chás e de poder ser cun pouco de area. Non é necesario que haxa unhas dimensións mínimas, pero pola súa extensión pode ser semellante de longo a un campo de billarda.

Institucións e difusiónEditar

Existe unha Federación Internacional de Petanca; porén non existe a federación galega equivalente. A pesar de ter a súa orixe en Francia, é xa un deporte moi difundido, con 596.000 practicantes federados en 69 países do mundo (datos de 2006).

NotasEditar

  1. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bocha&sinom=0&homonimo=2 |título=Nome galego en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=11 de novembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141111214017/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=bocha&sinom=0&homonimo=2 |dataarquivo=11 de novembro de 2014 |urlmorta=si }}

Véxase taménEditar