Pärnu

(Redirección desde «Pernau»)

Coordenadas: 58°23′N 24°30′L / 58.383, -24.500

Pärnu (tamén coñecida polo seu nome alemán Pernau)[1][2] é unha cidade de Estonia, situada na costa suroeste no condado de Pärnu. Ten 32.22 km² e 44.568 habitantes. Fundada en 1251, na actualidade é unha cidade turística que acolle a turistas nacionais e finlandeses.

Pärnu
Parnu flag.png
Parnu coatofarms.png
Parnu01.jpg
Centro de Pärnu
Localización
Parnu-pos.jpg
PaísEstonia Estonia
CondadoPärnu
Xeografía
Superficie32.22 km²
Demografía
Poboación44 568 (2004)
Densidade1 383,2
Outros datos
AlcaldeMart Viisitamm

A maioría da poboación é de etnia estoniana (75%), as principais minorías son a rusa (15%), ucraína (2%), finlandesa (1%) e belaruso (1%).

Hai 14 colexios na cidade, deles 2 son en lingua rusa. A cidade conta con 28 médicos de familia e 1 hospital con 410 camas. O concello de Pärnu conta con 33 concelleiros, deles 9 do Partido do Centro Estoniano, 9 do Partido Res Pública, 8 do Partido da Reforma Estonia, 5 da Unión Pro Patria e 2 da Unión Popular de Estonia.

NotasEditar

Vídeo de dron de Pärnu 2022

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.