O perimisio é unha vaíña de tecido conectivo que rodea cada fascículo de fibras musculares dun músculo (xeralmente cada fascículo contén de 10 a 100 ou máis fibras musculares). O perimisio é o que crea ou individualiza ditas agrupacións de fibras (fascículos).

Perimisio
Estrutura dun músculo esquelético co perimisio indicado na parte superior no centro.
Latín Perimysium
Gray's pág.373

O perimisio é unha membrana fibro-elástica formada de elastina e coláxeno que ten a función de envolver o fascículo muscular para protexer e manter as fibras organizados para potenciar a acción muscular.

O perimisio podería xogar un papel na transmisión de movementos contráctiles laterais. Esta hipótese está apoiada na existencia de "placas de unión perimisiais" no músculo flexor do corpo radial de ungulados construídas por E. Passerieux et al.[1] A comprensión global da organización da rede de coláxeno do perimisio, e da súa continuidade e diversidade aínda non foi observada e descrita totalmente en todas as partes do músculo.

Notas editar

  1. Passerieux E., Rossignol R, Letellier T, Delage JP. Physical continuity of the perimysium from myofibers to tendons: involvement in lateral force transmission in skeletal muscle. J Struct Biol. 2007 Jul;159(1):19-28. Epub 2007 Mar 3. PMID 17433715

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar