Endomisio
O endomisio (que significa "dentro do músculo") é unha capa de tecido conectivo areolar que no tecido muscular envolve cada un dos miocitos (fibra muscular ou célula muscular). Contén capilares e nervios. Encóntrase por riba da membrana plasmática (sarcolema) da fibra muscular. O endomisio é o elemento máis profundo e máis pequeno do tecido conectivo muscular.
Endomisio | |
---|---|
Estrutura dun músculo esquelético co endomisio indicado na parte inferior no centro. | |
Latín | Endomysium |
Gray's | pág.373 |
O termo esqueleto cardíaco é ás veces utilizado como sinónimo de endomisio para o corazón, pero o esqueleto cardíaco refírese tamén á combinación de endomisio e perimisio.
Esta fina capa conectiva proporciona o ambiente químico correcto para o intercambio de ións calcio, sodio, e potasio. O intercambio destes ións producirá a excitación da fibra muscular.
As fibras elásticas de coláxeno son as principais proteínas compoñentes dos tecidos conectivos como o endomisio. O endomisio contén principalmente coláxeno de tipo I e II, e tamén, en moitas menores cantidades, de tipo IV e V.[1]
Os anticorpos anti-endomisio (EMA) están presentes na enfermidade celíaca. Non causan síntomas directos nos músculos, pero a detección destes anticorpos é útil para o diagnóstico desa doenza.[2]
Notas
editar- ↑ Light, N; Champion, A. E. (1984). "Characterization of muscle epimysium, perimysium and endomysium collagens" (PDF). The Biochemical journal 219 (3): 1017–26. PMC 1153576. PMID 6743238.
- ↑ Pruessner, H. T. (1998). "Detecting celiac disease in your patients". American family physician 57 (5): 1023–34, 1039–41. PMID 9518950. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 05 de agosto de 2015.