Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Artigo principal: Cuncha.

O perióstraco,[1][2] (en latín científico periostracum; plural periostraca), é a capa máis externa da cuncha dos moluscos e dos braquiópodos. É unha película de espesor variábel, composta unicamente de materia orgánica.

Perióstraco negro, descamado, nunha valva seca da ameixa Arctica islandica.

Trátase dunha delgada capa orgánica ou "pel". Nos moluscos está presente principalmente en caracois e ameixas, é dicir, en gasterópodos e bivalvos, pero tamén se encontra nalgúns cefalópodos Allonautilus scrobiculatus. O perióstraco é parte integral da cuncha, xunto coas outras capas dela.

É visíbel como a capa externa da cuncha de moitas especies de moluscos de hábitats de auga doce, mariños e terrestres.

Etimoloxía

editar

O termo perióstraco está formado polos elementos do latín científico peri-, calco do grego antigo περι- peri-, do adverbio περί perí, 'ao redor de', e -ostracum, neutro tirado do grego antigo ὄστρακον ‎óstracon, 'vasilla de barro', 'anaco dunha vasilla rota'; e tamén 'cuncha'.[1][3][4] (O termo óstracum, nos dous primeiros significados, úsase en arqueoloxía; no terceiro, en malacoloxía).

Nos moluscos

editar
 
No gasterópodo Distorsio ventricosa o perióstraco é claramente visíbel.

O perióstraco dos moluscos está formado por polisacáridos e unha proteína, a conquiolina, que son segregadas polo manto. Adoita ser de cor amarela ou parda, ás veces negra nalgunhas especies. En xeral, é dunha cor diferente da capa subxacente. Está comunmente ausente nunha parte da cuncha, en particular nas zonas máis antigas, polo que se ven as partes acabadas de sintetizar.

Nos braquiópodos

editar

Nos braquiópodos o perióstraco está formado por quitina, e é segregado por células situadas no bordo do manto. Estas células son empuxadas cara á parte periférica do manto por células novas e, daquela, segregan a parte mineral da valva.

  1. 1,0 1,1 perióstraco s.m. Capa exterior moi fina da cuncha dos moluscos, formada por unha substancia semellante á quitina. En: Gran dicionario Xerais da lingua. Vigo, Xerais, 2009.
  2. «O periostraco (sic) é unha capa delgada composta dunha sustancia orgánica córnea coñecida como conquiolina» en Rosa Ramonell (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-506-3, páx. 25.
  3. ostracum en YourDictinorary.
  4. ostracum Arquivado 13 de maio de 2016 en Wayback Machine. en International-Dictiorary.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.

Outros artigos

editar