Un perfil lipídico, tamén denominado lipidograma ou perfil de risco coronario, é un grupo de probas ou exames diagnósticos de laboratorio clínico, solicitadas xeralmente de maneira conxunta, para determinar o estado do metabolismo dos lípidos corporais, comunmente en soro sanguíneo.

Probas que se inclúen nun perfil lipídico

editar

Algunhas veces o informe do laboratorio inclúe valores adicionais, segundo a relación HDL/colesterol, ou cálculos baseados nos resultados do perfil lipídico: idade, sexo e outros factores de risco.

Igualmente, algúns lipidogramas inclúen a medición de: a) total de lípidos; b) lipoproteínas de densidade intermedia (IDL); c) apoproteínas; d) quilomicrons.

O médico utiliza a información para avaliar, xunto con outros signos e síntomas, o risco dunha dislipidemia e as súas complicacións, como un infarto de miocardio ou unha apoplexía, provocados por obstrución dos vasos sanguíneos, causados por ateromas ou placas de colesterol, é dicir, para valorar o risco cardiovascular da persoa e instituír así un réxime axeitado de prevención e tratamento.

Notas e referencias

editar
  • Correa Jiménez, Luz Marina. Ayudas diagnósticas: análisis e interpretación. Colección Ciencias para la salud. Editorial Universidad de Caldas, 2002. ISBN 958-8041-41-4, 9789588041414.
  • Díaz Portillo, Jacobo, e Fernández del Barrio, María. Aspectos básicos de bioquímica clínica. Ediciones Díaz de Santos, 2005. ISBN 84-7978-282-X, 9788479782825.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Perfil de risco coronario en Medline plus [1]