Perfecto Allo Sabor
Perfecto Allo Sabor, nado no Grove en xaneiro de 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o 12 de abril de 1938, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1907 O Grove, España |
Morte | 12 de abril de 1938 (31 anos) Cornazo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarMariñeiro. Afiliado ao sindicato mariñeiro La Fraternidad do Grove da CNT. Foi o representante dos mariñeiros do Grove e outros portos da ría de Arousa nas negociacións provinciais para resolver o conflito do baixo prezo da sardiña celebradas en Vigo en maio de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e refuxiouse primeiro durmindo no mar e no monte despois nun agocho que lle fan na casa. Polo día cosía zapatillas e remendaba calzado e roupa para axudar na economía doméstica. Foi detido na madrugado do 12 de abril de 1938, cando un grupo de gardas civís practicaban rexistros domiciliarios por ter confidencias de que varios fuxidos baixaban ás casas dos seus familiares para pasar a noite. Aplicáronlle a "lei de fugas". O seu cadáver apareceu no Monte Lobeira, na parroquia de Cornazo, e foi soterrado no cemiterio desa parroquia xunto co de Manuel Álvarez Silva. A súa morte foi rexistrada en Vilagarcía de Arousa a causa da fractura da bóveda do cranio e a perda de masa encefálica producida por unha bala.
Vida persoal
editarCasou con Rita Rodríguez Baúlde en 1931.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Abuín Duro, Marcelino (2018). La primavera rota. Vilagarcía de Arousa, 1936-1941. Abegondo: Sociedad Bibliográfica de Galicia. ISBN 978-84-09-02453-7.
- Fajardo, Montse (2015). "Polo buraco da porta". Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu. Vilagarcía: Autor-editor. pp. 203–211. ISBN 978-84-608-1274-6.
- Mascato, Antón (2019). Atila no Grove. Crónica política e Memoria da masacre (1923-1948). Santiago de Compostela: Positivas. pp. 261–264. ISBN 978-84-120184-6-2.