Pepe Criado

dirixente de fútbol galego

José María Criado Labajo, coñecido como Pepe Criado, nado en Ferrol en 1949, é un exdirixente de fútbol galego, que foi presidente do Racing de Ferrol entre 2017 e 2023. Anteriormente fora vicepresidente do club durante 24 anos.

Modelo:BiografíaPepe Criado
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Racing de Ferrol
2017 – 2023
← Isidro Silveira Cameselle Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente futbolístico Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu na ferrolá rúa Galiana en 1949, sendo fillo de José María Criado Luaces e Concepción Labajo Mera, propietarios da tenda de lencería El Cisne, situada na mesma rúa.[1] En 1969 colleu as rendas do negocio familiar, que rexentou durante os seguintes 45 anos.[1]

Xogou ao fútbol como extremo dereito no Bertón e foi un dos pioneiros do fútbol sala en Ferrolterra.[2][3] En 1974 ingresou na directiva do Racing de Ferrol, durante a presidencia de Ramón Sánchez Dopico.[4] Máis tarde converteuse no vicepresidente do club, cargo que ocupou durante 24 anos, con Isidro Silveira como presidente. En 2017, trala morte de Isidro Silveira, foi elixido novo presidente do Racing,[5] ocupando o cargo durante os seguintes seis anos. Deixou a presidencia en 2023, despois de que o club se proclamase campión da Primeira División RFEF e ascendese de xeito directo á Segunda División.[4]

Foi tamén presidente da AFAFE (Asociación de Fútbol Afeccionado de Ferrol), impulsor da construción de varios campos de fútbol na cidade e presidente da delegación ferrolá da Real Federación Galega de Fútbol.[6] Ademais presentou a súa candidatura á presidencia da Federación Galega, pero non chegou a ocupar o cargo por unha pequena diferenza de votos.[4]

  1. 1,0 1,1 "La tienda El Cisne, uno de los emblemas del comercio ferrolano, cumple 80 años" (en castelán). 11 de outubro de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  2. Casanova, Jorge (11 de outubro de 2019). "José María Criado: «Todos somos algo masoquistas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  3. Amado, Roberto (31 de outubro de 2023). "Mitchum y Eastwood (Homenaje a Pepe Criado)". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 De la Barrera, Elba (29 de agosto de 2023). "José María Criado deja la presidencia del Racing y Manuel Ansede coge su testigo: «No es una dimisión; me voy feliz»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  5. Salgado, Raúl (10 de marzo de 2017). "José Criado, «el socio número 17», nuevo presidente del Racing para «un período de transición»" (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2023. 
  6. Araguas, Vicente (25 de xaneiro de 2014). "José Criado: “En el momento en el que Isidro Silveira lo deje, yo me voy a casa”". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 16 de decembro de 2023.