Abrir o menú principal

Josep Subirós i Puig, nado en Figueres en 1947, e finado en Torroella de Montgrí, Baix Empordà o 7 de maio de 2016, foi un escritor e filósofo catalán.

Pep Subirós
Nacemento1947
 Figueres, Cataluña Cataluña
Falecemento7 de maio de 2016
 Torroella de Montgrí, Cataluña Cataluña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e filósofo
XénerosNovela, ensaio
PremiosPremio Josep Plá
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Barcelona (1965-1970). Durante o franquismo participou nas Plataformas Anticapitalistas e na Organización de Esquerda Comunista. Entre 1973 e 1983 foi profesor de filosofía na Universidade Autónoma de Barcelona, membro do Colexio de Filosofía e director das revistas Transición e El Viejo Topo. Posteriormente foi coordinador de Cultura do Concello de Barcelona e asesor do Alcalde Pasqual Maragall até 1997. Dende entón, exerceu como escritor, comisario de exposicións e organizador de proxectos culturais. Algúns dos seus libros foron traducidos ó alemán, ó castelán, ó italiano e ó inglés.[1]

ObraEditar

EnsaioEditar

  • 1984 Mites i raons de la modernitat
  • 1992 L'esquerra i la qüestió nacional i altres paradoxes
  • 1998 Breu història del futur i altres dispersions
  • 2003 Sobre la felicitat i altres neguits
  • 2010 Ser immigrant a Catalunya. El testimoni de vint-i-dos protagonistes

NovelaEditar

  • 1992 Full de dames
  • 1996 Cita a Tombuctú
  • 2005 Todas las aguas se comunican
  • 2006 Ara sé que és ella

Libros de viaxesEditar

  • 1993 La rosa del desert

GalardónsEditar

NotasEditar

  1. Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (ed.). "Josep Subirós". web. Consultado o 23 de marzo de 2016. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar