Península de Setúbal
A península de Setúbal é unha subrexión estatística portuguesa, parte da Rexión de Lisboa (antiga Região de Lisboa e Vale do Tejo), e abrangue a metade norte do Distrito de Setúbal. Ao norte linda co esteiro do río Texo, atopándose ao outro lado do esteiro a Grande Lisboa e a Lezíria do Texo. Ao leste limita co Alentexo Central e co Alentexo Litoral ao sur, e tamén ao sur atópase propiamente o océano Atlántico.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Portugal | ||||
NUTS 1 (pt) | Portugal continental | ||||
Rexión | Área metropolitana de Lisboa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.421 km² | ||||
Código NUTS | PT172 | ||||
En total ten unha superficie de 1.421 km² e unha poboación, en 2001, de 714.589 persoas.
A súa área esténdese por nove concellos diferentes: