Peixe porco (homónimos)

páxina de homónimos de Wikimedia

Co nome vulgar de peixe porco coñécense na costa galega varias especies de peixe:

  • Peixe porco, un dos nomes do Balistes capriscus, peixe da familia dos Balistidae, tamén denominado porquiño ou roncón.
  • Peixe porco, nome doutro peixe, Oxynotus centrina, peixe elasmobranquio escualiforme (familia Oxynotidae)
  • Peixe porco, outro escualiforme máis coñecido como Raposo do mar, Alopias vulpinus.
  • Peixe porco, nome co que identifican en Mugardos ó Peixe lúa (Mola mola).