Pedro del Río Caramelo
Pedro del Río Caramelo, nado en Ordes cara a 1894, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 ![]() Ordes, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | industrial , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarFerreiro de profesión. Fiscal municipal de Ordes nos anos vinte. Dono dun salón en Ordes, en xaneiro de 1926 abriu o Café y Bar Pedro.[1] En 1929 foi nomeado axente executivo de cédulas persoais do partido de Ordes.[2] Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Ordes e elixido 1º tenente alcalde. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado por traizón en consello de guerra en Compostela o 22 de decembro na causa 230/36, foi condenado a cadea perpetua. A Comisión Provincial de Incautación de Bens abríulle expediente de responsabilidade civil en abril de 1938.[3] Estivo preso na Prisión Provincial da Coruña da que saíu en liberdade provisional en maio de 1941.[4]
Vida persoal
editarCasou con Manuela Calviño Fraga en 1922,[5] e foi pai de Gabriel, Paz, José, Manuel e Antonio del Río Calvlño.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Pedro del Río Caramelo na páxina web Nomes e Voces.