Pedro Moreda Debén

empresario galego

Pedro Moreda Debén, nado na Devesa (Ribadeo) en 1852 e finado na vila de Ribadeo o 27 de xullo de 1928, foi un industrial indiano adicado ó negocio tabaqueiro.

Infotaula de personaPedro Moreda Debén
Biografía
Nacemento1852 Editar o valor em Wikidata
A Devesa, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Juan Moreda Sarmiento e Etelvina Debén Colmenares, emigrou cedo xunto con outros dous irmáns a Cuba, onde conseguiu fundar unha próspera industrial tabaqueira. Fabricou puros coas marcas Flor de Moreda (a partir de 1882), Cornelia, Imparcial e La Diligencia. Os seus cigarros tiveron medalla de ouro nas exposicións de Bruxelas (1888 e 1897) e Antuerpen (1891)[1]. Suicidóuse disparandose un tiro en Ribadeo o 27 de xullo de 1928.[2]

Á súa morte, a fabricación quedou en mans do seu irmán Bernardo e logo foi adquirida e trasladada ós EEUU. O seu éxito e as relacións con xentes da Devesa fixeron de tirón para a emigración da zona cara a Cuba.

Notas editar

  1. Pedro Moreda, el devesano que fabricó puros de fama mundial consultada o 9-11-2015.
  2. Las Riberas del Eo, 4-8-1928, p. 6.