Pedro Miguel Etxenike

físico español

Pedro Miguel Etxenique Landiríbar, tamén coñecido como Pedro Etxenike, nado en Izaba, Navarra o 8 de xuño de 1950, é un científico vasco especializado en Física do estado sólido.

Infotaula de personaPedro Miguel Etxenike

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pedro Miguel Etxenike Landiribar Editar o valor em Wikidata
8 de xuño de 1950 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Izaba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra
Universidade Autónoma de Barcelona
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Donostia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , profesor universitario , físico , divulgador científico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco
Universidade de Barcelona
Laboratório Nacional de Oak Ridge (pt) Traducir
Donostia International Physics Center (en) Traducir
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Alkartasuna Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá, lingua éuscara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMaia García (en) Traducir, Javier Aizpurua (en) Traducir, Jose Maria Pitarke (pt) Traducir, Ricardo Diez Muino (en) Traducir, Andres Arnau (en) Traducir, Aran Garcia-Lekue (en) Traducir, Miguel A. Cazalilla (en) Traducir, Asier Eiguren (en) Traducir, Aitzol García-Etxarri (en) Traducir, F. Javier García de Abajo (en) Traducir, Nerea Zabala (en) Traducir, Aitor Bergara (en) Traducir e Igor Campillo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Inguma: pedro-miguel-etxenike-landiribar Dialnet: 309357
Pedro Miguel Etxenike.

Traxectoria editar

En 1998 concedéronlle o Premio Max Planck de Física e ese mesmo ano obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica polos seus descubrimentos na predición teórica de estados electrónicos imaxe na superficie de sólidos. Tamén realizou importantes achegas no campo das interaccións ión-materia e das perdas de enerxía de electróns en microscopía electrónica e de efecto túnel.

Foi o primeiro conselleiro do Departamento de Educación do Goberno Vasco entre os anos 1980 e 1983, e conselleiro do Departamento de Educación e Cultura, e voceiro do Goberno Vasco entre 1983 e 1984. Actualmente é Catedrático de Física da Materia Condensada na Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e Presidente do Donostia International Physics Center (DIPC).

Elixido Vasco Universal en 1998, é membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica, e tamén Fellow da Sociedade Americana de Física e da Sociedade Americana para o Avance da Ciencia. Ademais, é Presidente de Honra de Jakiunde, a Academia das Ciencias, das Artes e das Letras do País Vasco e desde 2012, preside o xurado dos premios Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Formación editar

Licenciouse en Ciencias Físicas pola Universidade de Navarra en 1972 con premio extraordinario de licenciatura e premio fin de carreira en 1973. En 1976 obtén o grao de doutor, Philosophical Doutor (PhD) en Física pola Universidade de Cambridge e en 1977 doutórase en Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, onde obtén o premio extraordinario de Doutoramento en 1978. En 1988, concédenlle o título de honra Doctor of Science pola Universidade de Cambridge. Ademais é Doutor Honoris Causa polas universidades de Valladolid, Navarra e Complutense de Madrid.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar