Pedro Gost Sastre

futbolista balear

Pedro Gost Sastre, nado en Sa Pobla (Illas Baleares) o 18 de xaneiro de 1946 foi un futbolista balear que xogaba na demarcación de gardameta.

Gost
Información persoal
Nome Pedro Gost Sastre
Nacemento 18 de xaneiro de 1946
Lugar de nacemento Mallorca
Posición gardameta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Poblense
1967-1970 RCD Mallorca
1970-1973 Celta de Vigo 35
Constancia de Inca
Poblense
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Albanel de profesión debutou con 17 anos no primeiro equipo do Poblense. Fichou polo RCD Mallorca na tempada 1967/68, converténdose en titular ao ano seguinte cando o equipo conseguiu o ascenso a Primeira División

Xogou na máxima categoría unha tempada e fichou polo Celta de Vigo antes de comezar a tempada 1970/71 xunto ao centrocampista Robles.

Debutou en Balaídos ante o Sporting de Gijón no primeiro encontro da tempada e xogou os 30 encontros de Liga, sendo o porteiro menos goleado despois de Abelardo, do Valencia CF. O equipo coñecido no momento coma o Tumbaxigantes rematou 6º, clasificándose por primeira vez na súa historia para a Copa da UEFA.

Nesta época foi convocado dúas veces pola Selección española de fútbol, porén non chegou a debutar ao ser o suplente de Iríbar (Athletic de Bilbao) e Miguel Reina (FC Barcelona).

Ao ano seguinte foi o porteiro titular do debut do Celta en competición europea, fronte o Aberdeen escocés, o 15 de setembro de 1971, converténdose no primeiro futbolista mallorquino en participar en competición europea. Porén nin o Celta nin Gost tiveron sorte, xa que o equipo perdeu 2-0 e o gardameta lesionouse de gravidade, co que quedou sen xogar no que restaba de tempada.

A tempada 1972/73 foi a última de Gost no Celta. So xogou dous encontros xa que o adestrador arxentino do equipo, Pedro Dellacha preferiu confiar en Alarcia. Ao rematar a competición volve a Mallorca e ficha polo Club Esportiu Constància d'Inca.

Finalmente retirouse xogando no Poblense aos trinta e oito anos de idade.