Abrir o menú principal

Rafael Álvarez Alarcia, nado o 18 de xullo de 1938 en Santander,[1] foi un futbolista cántabro que xogaba na demarcación de gardameta.

Rafael Álvarez Alarcia
Información persoal
Nacemento 18 de xullo de 1938
  Santander
Nacionalidade España
Posición gardameta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aínda que naceu en Santander con oito anos trasládase a Irún, onde comezou a xogar nas categorías inferiores do Real Unión de Irún. De aí pasou ao Touring de Rentería antes de fichar polo Real Oviedo, xa en Primeira División, onde xogou cinco tempadas. A finais da tempada 1966/67 ficha polo Real Zaragoza, onde militou outras tres tempadas.

En 1970 ficha polo RCD Mallorca, por aquel entón en Segunda División, porén ao ano seguinte volve a Primeira, fichando polo Celta de Vigo, onde xogaría de titular indiscutibel os dous primeiros anos pero no seu terceiro e último ano perdería esta condición en virtud do uruguaio Aguirre, xogando so nove encontros.

Durante os seus anos en Vigo participou no debut do Celta na Copa da UEFA xogando o encontro de volta da primeira eliminatoria, na que o equipo galego quedou eliminado ante o Aberdeen FC escocés.

A súa última tempada en activo no fútbol profesional foi a 1974/75 xogando en Segunda División no Deportivo Alavés.

NotasEditar

Véxase taménEditar