Pedro García Arcas

político galego

Pedro García Arcas, nado en Sarria e finado no mesmo concello o 27 de xuño de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaPedro García Arcas
Biografía
NacementoSarria, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xuño de 1936 Editar o valor em Wikidata
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Secretario do Centro Republicano de Monforte de Lemos en 1932, militou na ORGA. Foi detido en outubro de 1934 con Vicente Páramo Losada, Antonio Rodríguez Castro, Antonio Sanmartín López, Manuel Durán Fernández, Emilio Golás Rodríguez, Julio Páramo Sánchez, e Felipe Rodríguez García, acusados de confeccionar e repartir follas subversivas incitando á revolución.[1] Integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido secretario da agrupación local en 1935. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro. A madrugada do 26 de xuño de 1936 foi obxecto dun atentado cando o falanxista Manuel Carrozas Varela lle disparou, feríndoo gravemente no local da sociedade La Unión, matando ao tamén concelleiro Victorino Cabarcos López cando tratou de detelo.[2][3][4]. Finou ao día seguinte a consecuencia das feridas.[5] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 28-10-1934, p. 12.
  2. Diario de Pontevedra, 27-6-1936, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 27-6-1936, p. 12.
  4. La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.
  5. El Pueblo Gallego, 28-6-1936, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar