Pedro Botelho

futbolista brasileiro

Pedro Roberto Silva Botelho, nado en Salvador o 14 de decembro de 1989, é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Levante UD.

Infotaula de personaPedro Botelho

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de decembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Salvador, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2007-2009cesión Unión Deportiva Salamanca 36(0)
2007-2012 Arsenal F.C. 0(0)
2009-2010cesión Real Club Celta de Vigo 27(1)
2010-2011cesión Fútbol Club Cartagena 39(4)
2011-2012cesión Rayo Vallecano 11(1)
2012-2012cesión Levante UD 14(0)
2012-2016 Clube Atlético Paranaense 41(4)
2014-2015cesión Clube Atlético Mineiro 18(1)
2016- Grupo Desportivo Estoril Praia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Inicios

editar

Despois de tres anos nas categorías inferiores do Galícia de Salvador marchou en 2005 a Santa Catarina para xogar nas bases do Figueirense. Antes xa de subir ao primeiro equipo chamou a atención dos técnicos do Arsenal que estaban buscando novos talentos no club de Florianópolis.

Arsenal

editar

En xullo de 2007, un acordo entre o Arsenal e o Figueirense levou a Pedro Botelho ao Emirates Stadium. Foi inmediatamente cedido polo Arsenal á UD Salamanca da Segunda División polo resto da tempada debido ao feito de que necesitaba un permiso de traballo para xogar en Inglaterra.

UD Salamanca

editar

Chega a España tras o acordo asinado co Arsenal polo cal o equipo londiniense cede ao club español aos seus xogadores extracomunitarios para que obteñan a nacionalidade española e deixen de ocupar praza extracomuntaria cando regresen ao club do Emirates Stadium. Froito deste convenio foi a chegada de Carlos Vela. Na primeira tempada no club charro non debuta ata xaneiro co 20 ás costas tras un problema burocrático, isto faille entrar máis tarde nos esquemas de Juan Ignacio Martínez. Na segunda tempada, aínda que non empeza como titular, gáñase a titularidade. Nesta tempada unha escapada a Madrid para ver o Real Madrid-Juventus da Liga de Campións da UEFA fai que lle sancionen con 3000€. Tamén foi apartado do equipo tras saltarse o código interno do vestiario, pero tras as súas desculpas, ao día seguinte volve adestrarse. O seu adestrador, David Amaral, di que estes erros son froito da súa mocidade. En xuño de 2009, o técnico David Amaral apártao definitivamente do equipo, tras negarse a adestrar, polo que a Unión Deportiva Salamanca e o Arsenal de mutuo acordo rescinden a cesión.

Celta de Vigo

editar

Tras os seus problemas co Salamanca Botelho foi cedido polo Arsenal ao Celta no mercado de verán. Actualmente Pedro Botelho é un dos alicerces máis importantes da defensa do Celta e titular indiscutible do seu técnico Eusebio Sacristán.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar