Pedraforca
Coordenadas: 42°14′13.34″N 1°41′49.89″L / 42.2370389, -1.6971917
O Pedraforca é un coñecido monte de Cataluña, situado no Prepireneo. Pertence aos concellos de Saldes e Gósol, na comarca do Berguedà, o primeiro na provincia de Barcelona e o segundo na de Lleida malia que pertencen á mesma comarca.
Ten unha forma moi peculiar, formada por dúas cimas unidas por un porto, l'Enforcadura. A cima máis elevada é o Pollegó Superior, de 2.506,4 metros, cunha cima secundaria, o Calderer, de 2.496,7 metros. A outra cima, chamada Pollegó Inferior, ten 2.444,8 metros de altitude. L'Enforcadura sitúase a 2.356,2 metros.
Atópase dentro do Parque Natural do Cadí-Moixeró e os seus arredores foron declarados paraxe natural de interese nacional.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedraforca |