Pediococcus
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Bacillota
Clase: Bacilli
Orde: Lactobacillales
Familia: Lactobacillaceae
Xénero: ''Pediococcus''
Claussen 1903 (Listas Aprobadas 1980)[1]
Especies

Ver texto.

Pediococcus é un xénero de bacterias do ácido láctico grampositivas situado na familia Lactobacillaceae. Xeralmente aparece agrupada en pares ou tétrades e divídese ao longo de dous planos de simetría,[2] igual que fan os outros xéneros de cocos do ácido láctico Aerococcus e Tetragenococcus. Son totalmente homofermentativas. A especie Pediococcus dextrinicus foi asignada recentemente ao xénero Lapidilactobacillus.[3][4]

Procesamento de alimentos

editar

Pediococcus é, xunto con outras bacterias do ácido láctico como Leuconostoc e Lactobacillus, responsable da fermentación de repolos para facer sauerkraut. Neste proceso, os azucres do repolo fresco son fermentados a ácido láctico, o cal lle dá ao sauerkraut un sabor ácido e boas cualidades de conservación. As bacterias Pediococcus considéranse xeralmente contaminantes da cervexa e o viño,[2] aínda que a súa presenza é ás veces desexada en tipos de cervexa como o lambic e a Berliner Weisse.[5] Certos illamentos de Pediococcus producen diacetilo, que lle dá un aroma a manteiga ou butterscotch a algúns viños (como o Chardonnay) e a algúns tipos de cervexa. Especies de Pediococcus utilízanse a miúfo en inoculantes de ensilado (herba fermentada). Os pediococos úsanse como probióticos e engádense con frecuencia como microbios beneficiosos na creación de salchichas, queixos e iogures.

Especies

editar

O xénero Pediococcus comprende as seguintes especies:[6]

Reclasificacións:

  • Pediococcus dextrinicus foi reclasificada como Lapidilactobacillus dextrinicus.
  • Pediococcus halophilus foi reclasificada como Tetragenococcus halophilus.
  • Pediococcus lolii foi reclasificada como Pediococcus acidilactici.
  • Pediococcus urinaeequi foi reclasificada como Aerococcus urinaeequi.

Filoxenia

editar

A taxonomía aceptada actualmente está baseada na LPSN[6] e a filoxenia está baseada en secuencias de xenoma completo.[4]

Pediococcus

Pediococcus claussenii

Pediococcus argentinicus

Pediococcus acidilactici

Pediococcus pentosaceus

Pediococcus stilesii

Pediococcus damnosus

Pediococcus inopinatus

Pediococcus cellicola

Pediococcus ethanolidurans

Pediococcus parvulus

grupo externo

Furfurilactobacillus

  1. Claussen NH (1903). "Études sur les bactéries dites sarcines et sur les maladies qu'elles provoquent dans la bière" [Studies on so-called sarcine bacteria and the maladies they cause in beer]. Compte Rendus des Travaux du Laboratoire de Carlsberg 6: 64–83. 
  2. 2,0 2,1 Raccach, Mosche (1 de xaneiro de 2014). "Pediococcus". Encyclopedia of Food Microbiology (en inglés) (Academic Press). Second Edition: 1–5. ISBN 9780123847331. doi:10.1016/B978-0-12-384730-0.00247-0. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  3. Haakensen, M; Dobson, CM; Hill, JE; Ziola, B (2009). "Reclassification of Pediococcus dextrinicus (Coster and White 1964) Back 1978 (Approved Lists 1980) as Lactobacillus dextrinicus comb. nov., and emended description of the genus Lactobacillus". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 59 (Pt 3): 615–21. PMID 19244449. doi:10.1099/ijs.0.65779-0. 
  4. 4,0 4,1 Zheng J, Wittouck S, Salvetti E, Franz CMAP, Harris HMB, Mattarelli P, O'Toole PW, Pot B, Vandamme P, Walter J, Watanabe K, Wuyts S, Felis GE, Gänzle MG, Lebeer S. (2020). "A taxonomic note on the genus Lactobacillus: Description of 23 novel genera, emended description of the genus Lactobacillus Beijerinck 1901, and union of Lactobacillaceae and Leuconostocaceae". Int J Syst Evol Microbiol 70 (4): 2782–2858. PMID 32293557. doi:10.1099/ijsem.0.004107.  Erro no estilo Vancouver: non-Latin character (Axuda)
  5. Vidergar, Cyril (18 de novembro de 2020). "Beer becomes food in sour ales". timescall.com. MediaNews Group, Inc. Arquivado dende o orixinal o 2020-11-18. Consultado o 12 de xaneiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Euzéby JP, Parte AC. "Pediococcus". List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature (LPSN). Consultado o 2 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Abrunhosa, Luis; Ines, Antonio; Rodrigues, Ana I; Guimaraes, Ana; Pereira, Vania L; Parpot, Pier; Mendes-Faia, Arlete; Venancio, Armando (Oct 2014). "Biodegradation of ochratoxin A by Pediococcus parvulus isolated from Douro wines". International Journal of Food Microbiology 188 (outubro 1 2014): 45–52. PMID 25087204. doi:10.1016/j.ijfoodmicro.2014.07.019. hdl:1822/32514. 

Ligazóns externas

editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.