Peñaranda de Duero
Peñaranda de Duero é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 569 habitantes (INE 2013).
Epónimo | Río Douro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Burgos | |||
Capital | Peñaranda de Duero | |||
Poboación | ||||
Poboación | 470 (2023) (7,34 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 64 km² | |||
Altitude | 852 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | José Caballero Barnés (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 09410 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 09261 | |||
Sitio web | peñarandadeduero.es |
Etimoloxía
editarO seu nome vén do céltico Penna-Aranda, cidade da pena, e o río Douro.
Monumentos
editarOrixinal do século X, construído con motivo da repoboación, con Fernán González; foi reformado completamente no século XV. Levántase airoso vixiando a vila; a torre da homenaxe inmutable destaca sobre os restos de muralla. Desde a altura hai unha magnífica vista do casarío sobre o que se levanta impoñente a silueta da igrexa Santa Ana; e, ao fondo, da veiga do Arandilla.
- Muralla
Consérvanse dúas das tres portas da muralla que se construíu no século XV
Construído no século XVI por encargo de Francisco de Zúñiga e Avellanada e no que, segundo crese, puido traballar Francisco de Colonia. A portada loce o escudo dos Zúñiga entre tenantes e no seu interior, traspasando o vestíbulo de entrada, ábrese un elegante patio señorial con galería dobre, desde o que se accede ás habitacións nobres belamente decoradas con espléndidos artesoados e. No Salón de Embaixadores preside unha elegante cheminea de estucos, e destaca aí pola súa orixinalidade unha galería para os músicos. Veciña ao palacio preside, no centro, a praza unha picota ou rolo xurisdicional de elegantes liñas góticas.
- Igrexa
Antes coñecida como Colexiata de Santa Ana, comezada en 1540 presenta portada barroca, no interior retablo neoclásico presenta en altorrelevo á santa titular, obra de Alfonso Bergaz e coro tallado en nogueira. Na súa portada ten tres bustos romanos de Clunia.
- Convento
De San José do Carmen, foi levantado no século XVI
Farmacia dos Jimeno do século XVII que ten museo. Hoxe en día segue en funcionamento, é unha das máis antigas de España.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Peñaranda de Duero |