Colexio de San Xerome
O Colexio de San Xerome, dito tamén Colexio de Artistas, é un edificio civil de Santiago de Compostela, sito no lado meridional da praza do Obradoiro, cerrándoa por ese lado.
Colexio de San Xerome | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Colexio de San Xerome | ||||
Tipo | Colexio residencial | |||
Parte de | Camiño de Santiago ![]() | |||
Estilo | barroco galego, románico | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Descoñecido | |||
Datas | ||||
Fundación | 1501 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | Santiago de Compostela | |||
Enderezo | Praza do Obradoiro | |||
Patrimonio cultural | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Identificador | 669-937 | |||
[ Wikidata ] |

Historia
editarEste colexio menor[1] era, en orixe, unha fundación do arcebispo compostelán Alonso de Fonseca, terceiro dese nome, con intención de dedicalo a colexio de estudantes pobres e artistas, que se localizaba no denominado Hospicio da Acibecharía. Dependía do Colexio de Fonseca.
Durante o século XVII, en 1651, decidiuse trasladalo desa localización.[2] Para iso edificouse un novo edificio, na entón chamada praza do Hospital (por situarse nela o Hospital dos Reis Católicos), a actual praza do Obradoiro. Até hai poucos anos atribuíanse os planos ao arquitecto Bartolomé Fernández Lechuga (así Chamoso Lamas), e o patio ao prestixioso José de la Peña de Toro. Porén, debe dicirse que o autor da edificación é descoñecido.
Dotado dun vicerreitor e tres profesores, desapareceu como colexio menor en 1840.[1]
Descrición
editarO resultado foi un edificio de liñas puras e apenas dous corpos de altura, no que se insertou o pórtico medieval, proveniente do devandito Hospicio, que até aquela altura acollía o colexio, que se acostuma datar entre 1490 e 1500. Este elemento arqueolóxico foi mal interpretado en anos pasados, ao tomarse por unha longa persistencia de hábitos construtivos dos mestres arquitectos galegos e proba do arraigo da arte románica en Galiza.
A portada representa, na esquerda e de dentro a fóra, as figuras de Santiago apóstolo, San Xoán e San Francisco. Á dereita e na mesma orde, San Pedro, San Paulo e San Mauro[3].
No tímpano, a figura da Inmaculada, flanqueada por Santa Margarida e Santa Catarina.
Na arquivolta, a Virxe co Neno, no centro, rodeada de figuras de santos e santas.
Galería de imaxes
editarUsos
editarDurante boa parte do século XX, foi sede da Escola Normal de Maxisterio. Desde os anos 1980, e xunto co pazo de Fonseca, alberga o Reitorado da Universidade de Santiago.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Historia institucional/Reseña biográfica". Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia. 119295. Consultado o 9 de xuño de 2022.
- ↑ Montero, Juan Manuel Monterroso (1996). "Universidade e cidade: apuntamentos sobre desenvolvemento urbano da Universidade de Santiago de Compostela". Eduga: revista galega do ensino (11): 195. ISSN 1133-911X.
- ↑ Ficha na web de Turgalicia
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Colexio de San Xerome |