Pazo de Saa

pazo en Sadurnín, Cenlle

O pazo de Saa é unha construción civil situada na aba de Saa, na parroquia de Sadurnín (concello de Cenlle). Foi unha das casas mais poderosas da comarca do Ribeiro.

Pazo de Saa
ConcelloCenlle
ProvinciaOurense
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°19′34″N 8°05′02″O / 42.32616965785, -8.0839599002655Coordenadas: 42°19′34″N 8°05′02″O / 42.32616965785, -8.0839599002655
Estilo arquitectónico
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Considérase a don Gregorio Arias Mariño, familiar do Santo Oficio, como fundador do morgado e Casa de Saa (fonte Pai Crespo).

Descrición editar

O pazo forma un conxunto arquitectónico rodeado de murallóns que en parte ten continuidade co edificio e en parte o illa dentro da leira.

A fábrica é de perpiaño, presentando unha planta en U coas coxías laterais desiguais e a máis curta formando un ángulo agudo coa central. Pechan os tres corpos un pequeno patio inscrito aberto nun dos lados. A fachada principal e a formada polos tres corpos en torno ao patio.

Nun deles presenta unha solaina de pedra apeada sobre un muro con vans no piso baixo e do que sobresae a repisa moldurada. A cuberta sostense por columnas ben labradas, con base moldurada, fuste liso e capitel formado por un touro. Estas sostéñense sobre pedestais que lles dan maior altura e esvelteza.

No ángulo que fan a fachada sur e a leste vese un garitón apoiado en dous canzorros de dobre moldura, caveto e cuarto bocel, con cornixa máis coidada que o resto do edifico, con seteiras e rica pedra armeira. Na fachada orientada ao nacente hai un gran solaina.

No patio, separada do edificio principal estaba a capela hoxe en día desaparecida.

No garitón escudo de difícil interpretación.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar