Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°16′51″N 8°12′43″O / 43.280833, -8.211944

Pazo de Lanzós
Pazo de Lanzós Betanzos.jpg
ConcelloBetanzos
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGaliza
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal- (Pazo de Lanzós)
Estilo actual(século XVII) 1620 e 1625 (Século XVIII)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Lanzós é unha casa grande situada na rúa Lanzós de Betanzos, fronte á igrexa de Santiago. Actualmente é un establecemento de hostalería.

DescriciónEditar

Foi construído no século XVII entre 1620 e 1625. Na fachada hai un balcón, alongado ao exterior suxeito por tres canzóns. Ten porta principal rectilínea, que remata un frontón partido polo brasón do primeiro conde de Maceda.

O edificio mantén a súa estrutura inicial, con pequenas modificacións. Na torre, chamada torre de Lanzós, substituíron as ameas por tellado, taponaron seteiras e abriron novos vanos. A cachotería está recuberta de cemento.

GaleríaEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar