Pazo de Donfreán
pazo en Donfreán (Catasós, Lalín)
O Pazo de Donfreán é unha casa señorial situada no lugar de Donfreán, na parroquia de Catasós (Lalín) construída en estilo barroco a mediados do século XVIII. O edificio, con planta en forma de U, componse de tres corpos unidos, destacando o portalón de arco de medio punto que serve de abertura ao muro que cerra o edificio.
Pazo de Donfreán | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | pazo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Lalín | |||
Parroquia | Catasós | |||
Lugar | Donfreán ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A parroquia de Donfreán era antiga propiedade da familia dos Taboada, en 1625 pasou a Gómez Oxea de Albán (o novo) e posteriormente por entronque familiar á familia dos Montenegro.