Pazo de Aballe

pazo en Salceda, Salceda de Caselas

O pazo de Aballe é unha construción civil situada no lugar da Feira, na parroquia de Santa María de Salceda (concello de Salceda de Caselas). A propiedade inclúe unha leira de catro hectáreas.

Pazo de Aballe

Tipopazo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°06′50″N 8°32′44″O / 42.1139, -8.5456
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloSalceda de Caselas
ParroquiaSanta María de Salceda Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia e características

editar

A familia Aballe (ou Avalle) ten como casa soar a fortaleza de San Paio de Fiolledo, e chegou a ter propiedades en Ponteareas, Fornelos de Montes e Cambados.

O pazo é de traza maioritariamente barroca, se ben conserva elementos de diferentes etapas. Conserva unha inscrición no frontón situado sobre o portón coa data 1787. Malia estar en estado de abandono durante certo tempo, foi restaurado na década de 1980.

Ten dúas alturas, con planta en forma de U. Na fachada principal ten unha escalinata central con balaustrada, que continúa nunha solaina con cinco arcos de medio punto e balaustrada. O tellado, a catro augas, ten gárgolas decorativas. No van situado sobre o portalón de acceso, hai un escudo en pedra en forma de corazón.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar