Paurópodos

(Redirección desde «Pauropoda»)
Paurópodos
Pauropoda

Pauropus huxleyi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Pauropoda
Lubbock, 1868
Ordes
Sinonimia[1]
  • Heterognathes de Saussure & Humbert, 1872
  • Heterognatha Tömösváry, 1883
  • Monopoda Bollman, 1893

A dos paurópodos[2][3] (Pauropoda) son unha clase de miriápodos diminutos (de 0,5 a 2 mm), corpo brando, coas antenas ramificadas e con entre 9 e 11 pares de patas. Viven en lugares húmidos e son saprófagos. Saen do ovo con só tres pares de patas. Coñécense entre 500[4] e 715[5][6] especies.

Características

editar

Os paurópodos teñen a cutícula branda, sen calcificar. Non teñen ollos, aínda que presentan un par de órganos sensoriais con aspecto de ollos; as antenas posúen entre catro e seis artellos sobre os que se insiren dúas curtas ramas provistas de flaxelos. As pezas bucais constan dun par de mandíbulas, e o primeiro par de maxilas fusionadas entre si orixinando un gnatoquilario; falta o segundo par de maxilas. Os gonóporos (poros xenitais) ábrense no terceiro segmento do tronco. Carecen de aparatos respiratorio e circulatorio.

Historia natural

editar

Os paurópodos móvense de maneira característica, con movementos rápidos e bruscos cambios de dirección.[7] Viven no solo, no humus, baixo pedras, troncos en descomposición, etc., e aliméntanse de fungos e materia orgánica en descomposición.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A orde dos Payropoda foi descrita en 1868 polo prehistoriador e naturalista británico John Lubbock.

Etimoloxía

editar

O nome científico Pauropoda é un substantivo neutro plural que está formado polos elementos do latín científico pauro- e -poda, tirados do grego antigo παῦρος paûros, 'pouco', e πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'perna', 'pata'. Litelamente: 'os de poucas patas'.[8][9]

Scheller, en 2008, propuxo unha clasificación dos parópodos que comprende dúas ordes, que inclúen 9 familias, 40 xéneros e ao redor de 780 especies,[6] clasificación que segues a maioría dos científico contemporáneos.

(Para outras clasificacións, véxanse Fauna Europaea, ITIS e WoRMS nas ligazóns externas).

Clase Pauropoda Lubbock, 1868

  • Orde Hexamerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen seis artellos no pedicelo antenal. Son todos tropicais.
  • Orde Tetramerocerata Remy, 1950. Inclúe especies que posúen catro artellos no pedicelo antenal. Viven tamén en rexións temperadas.

Galería

editar
  1. Scheller, Ulf (2008). "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38. doi:10.1163/187525408X316730. 
  2. paurópodos no dicionario da RAG.
  3. paurópodo -da 1 adx Relativo ou pertencente aos paurópodos. 2 s m ANIMAL Artrópodo da clase dos paurópodos. 3 s m pl ANIMAL Clase de artrópodos, da superclase dos miriápodos, que presentan o corpo de pequeno tamaño, dividido en 11 segmntos, cun par de patas en cada un dos nove primeiros segmentos, antenas bifurtcadas, coas pezas bucais simples e febles, cun par de mandíbulas non artelladas e un só par de maxilas máis ou menos fusionadas. Carecen de aparato respiratorio e circulatorio diferenciado. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.
  4. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  5. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861.8
  6. 6,0 6,1 Ulf Scheller, (2008): "A reclassification of the Pauropoda (Myriapoda)". International Journal of Myriapodology 1 (1): 1–38.
  7. "Tree of Life, Pauropoda". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 21 de marzo de 2017. 
  8. pauropoda Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine. no memidex.com.
  9. pauropoda Arquivado 22 de marzo de 2017 en Wayback Machine. no Oxford Living Dictionaries.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760.
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
  • Scheller, Ulf (1990). "Pauropoda". En Daniel L. Dindal. Soil Biology Guide. New York: John Wiley and Sons. pp. 861–890. ISBN 978-0-471-04551-9. 
  • Scheller, Ulf (2002). "Pauropoda". En Jorge Llorente Bousquets; Juan J. Morrone. Biodiversidad, Taxonomía y Biogeografía de Artrópodos de México: Hacia una Síntesis su Conocimiento III. Tlalpan, México: Comisión Nacional para el Conocimiento y Uso de la Biodiversidad (CONABIO).  (en castelán).

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar