Paulinho Paiakan, finado o 16 de xuño de 2020, foi un líder do pobo caiapó, unha tribo indíxena do Brasil. Liderou aos caiapó nas súas protestas contra a destrución da selva amazónica.

Infotaula de personaPaulinho Paiakan
Biografía
Nacemento19 de abril de 1953 Editar o valor em Wikidata
Q97066114 Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 2020 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Hospital Regional Publico do Araguaia, Brasil (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (COVID-19 Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo caiapó Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Outro
Condenado porAbuso sexual (1998) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
26 de febreiro de 2020pandemia de COVID-19 no Brasil (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Paiakan foi contratado polo goberno brasileiro en 1971 para facilitar a construción do sistema de estradas trans-amazónicas polas terras do pobo caiapó.[1] Unha vez que Paiakan viu a natureza do proxecto de primeira man, deixou o traballo e comezou a mobilizar ao seu pobo contra o proxecto. Xunto a un grupo de persoas da súa vila natal, estableceu unha nova aldea chamada Aukre, onde se propuxo gravar a destrución da selva e das tradicións caiapó.

Deuse a coñecer no escenario mundial percorrendo Europa e América do Norte con comparecencias públicas e discursos, coa colaboracin da Rede Amigos da Terra, o Fondo Mundial para a Vida Silvestre e o Grupo de Apoio aos Caiapó de Chicago nunha campaña contra o proxecto da presa de Altamira. N Universidade de Chicago declarou:

O bosque é unha cousa grande; ten persoas, animais e plantas. De nada serve salvar os animais se se queima o bosque; non ten sentido salvar o bosque se as persoas e animais que viven nel son asasinadas ou expulsadas. Os grupos que intentan salvar as razas de animais non poden gañar se as persoas que intentan salvar o bosque perden; a xente que intenta salvar aos indíxenas non pode gañar se algún dos outros perde; os indíxenas non poden gañar sen o apoio destes grupos; pero os grupos non poden gañar tampouco sen o apoio dos indíxenas, que coñecen o bosque e os animais e poden contar o que lles está pasando. Ninguén de nós é o suficientemente forte como para gañar só; xuntos podemos ser o suficientemente fortes como para gañar.[2]

O Banco Mundial anunciou que non concedería a Brasil un préstamo para o proxecto despois desta campaña e da protesta en Altamira.[Cómpre referencia]

Acusación de violación e xuízo editar

En 1992, Paiakan foi acusado de violar a unha muller xove e branca á que contratara para dar titorías aos seus fillos.[3][4][5] En 1994 foi absolto, pero nun novo xuízo en 1999 foi condenado a seis anos de prisión. O asunto estigmatizou non só a Paiakan, senón a todo o movemento de pobos indíxenas do que fora unha figura clave.[6]

Morte editar

Paiakan faleceu o 16 de xuño de 2020 no Hospital Público Rexional do Araguaia en Redenção, Pará, pola COVID-19.[7] Tiña ao redor de 65 anos no momento da súa morte.[8]

Notas editar

  1. "Fighting for the Rainforest – the Kayapo of Brazil and a Man Who Would Save the World" (en inglés). 12 de abril de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  2. Turner, T. (1993). "The role of indigenous peoples in the environmental crisis: The example of the Kayapo of the Brazilian amazon". Perspectives in Biology and Medicine (en inglés) 36 (3): 526–545. doi:10.1353/pbm.1993.0027. 
  3. "A explosão do instinto selvagem" (en portugués). 10 de xuño de 1992. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  4. "Indian-White Rape Case Splits Brazil". The New York Times (en inglés). 5 de xullo de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  5. Moore, Pulp Fictions of Indegenism; Pandian, Anand (2003). Pulp Fictions of Indegenism (en inglés). Duke University Press. p. 365. ISBN 9780822330912. 
  6. "A Crime in Benefit of Land Grabbers : Rape charges against a Brazilian Indian leader smell of a political frame-up." (en inglés). 9 de setembro de 1992. Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  7. "Líder indígena Paulinho Payakan morre com Covid-19 no Pará" (en portugués). Consultado o 20 de xuño de 2020. 
  8. "Iconic Amazon indigenous chief Paulinho Paiakan dies of coronavirus in Brazil" (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2020.