Pauline en la Playa

Pauline en la Playa é un grupo de música pop asturiano composto polas irmás Mar e Alicia Álvarez, que xurdiu en 1997 como proxecto alternativo ao grupo de música xixonés Undershakers. Toma o nome do filme francés Pauline na praia (Éric Rohmer, 1983).

Pauline en la Playa
OrixeXixón, Asturias Asturias
Xénero(s)Música pop
Selo(s) discográfico(s)Subterfuge, Siesta Records
MembrosMar Álvarez, Alicia Álvarez
Na rede
www.paulineenlaplaya.com

Historia editar

En 1997 as irmás Álvarez, membros de Undershakers, decidiron crear un proxecto novo coas cancións compostas que non encaixaban co estilo da formación. Lograron certa repercusión co tema "Mis muñecas", que Alicia cedeu á banda Nosoträsh. Empuxadas por isto, e aproveitando o paro que experimentaba por aquel entón Undershakers, que terminaría por converterse en definitivo, Pauline en la Playa foi tomando cada vez maior corpo. Gañaron o concurso de maquetas en Radio Kras, radio libre ligada ao Xixon Sound.[1]

Carlos Galán, de Subterfuge Records, selo ao que xa chegaran en 1995 con Undershakers, propúxolles gravar esas cancións no que sería o seu primeiro EP, Nada como el fogar (1999). Na Escola de Música Creativa de Madrid, onde Alicia e Mar cursaban estudos de harmonía, composición e instrumentos modernos, puideron entrar en contacto con novos ritmos. Así, as seis cancións que compoñen o primeiro traballo do grupo móvense entre o pop melancólico de Le Mans e o pop dos pequenos momentos de Nosoträsh, con cancións que xogan a desentrañar os relevos como “un pulso ferido que rolda as cousas do outro lado”.

As concomitancias co dúo español Vainica Doble continuarían patentes na súa seguinte entrega, Tormenta de ranas (Subterfuge, 2001). Para este álbum, un disco cheo de fábulas e moitos estilos, continúase facendo poética dos pequenos detalles, deixándose inspirar pola xente corrente na súa vida cotiá e o simbolismo dos contos populares, todo iso recuberto dun pop aderezado de moi diversos sons con claro predominio do jazz.

Á marxe de Pauline en la Playa, ambas as irmás continúan explorando o outro lado das cousas desde unha perspectiva artística. Mar impartindo clases de música nun colexio e Alicia estudando Arte Dramática na Escola de Cristina Rota, así como escribindo. En relación con esta faceta da súa vida, Alicia participou en Canciones contadas (Km1, 2001), un libro de relatos musicais escrito por nomes estreitamente ligados á música independente española, no que as historias contadas xorden a partir da letra dunha canción.

Tras unha pausa de tres anos, en 2003 chegou o seu segundo disco, Termitas y otras cosas (Subterfuge), un traballo máis repousado e elaborado ao que se lle incorpora maior orquestración de vento e onde se continúa apostando por ese realismo máxico que alaga todas as súas cancións.

En 2006 aparece o terceiro traballo do dúo baixo o nome de Silabario (Subterfuge, 2006), título tomado do poema “Noche céntrica” do poeta Jorge Guillén. A súa cuarta entrega volve retomar o espírito de Pauline en la Playa, pero agora desde un ángulo máis tranquilo. Deixando ás guitarras o papel protagonista, o novo disco tórnase esta vez máis intimista e melancólico.

Tras unha xira de presentación que as levou a percorrer a xeografía española con parada en festivais como Primavera Sound, Pauline en la Playa comezaron outros proxectos. Amais de pór banda sonora a diversas curtametraxes e colaborar no programa D-Calle, de TVE 2, participaron no disco homenaxe que Jaume Sisa e Suburbano dedicaron a Vainica Doble, Sisa y Suburbano cantan a Vainica (2006). O disco, editado por Fundación Autor, facíase acompañar dun DVD e contaba coa colaboración, ademais da de Pauline en la Playa, de Natalia de Nosoträsh, Raül Refree e Paco Clavel.

No verán de 2007 colaboraron no novo título do poeta Ángel Guache, Desafinado (canciones patosas para gentes revoltosas), recompilación de cancións na que tamén participan Guiller Momonje (Patrulleiro Mancuso), Julián Hernández (Siniestro Total) ou Capitán Cavernícola Blues Band.

A principios de 2010 anunciaron que abandonaban Subterfuge para fichar polo selo de La Buena Vida, Siesta Records, cos que sacaron o seu cuarto álbum de estudio, titulado Física del equipaje.

En 2013 publicaron o seu sexto disco, El mundo se va a acabar (Siesta Records, 2013) coa colaboración, entre outros artistas de Nacho Vegas e Nacho Umbert.

Discografía editar

  • Nada como el hogar (EP) (1999)
  • Tormenta de ranas (2001)
  • Termitas y otras cosas (2003)
  • Silabario (2006)
  • Física del equipaje (2010)
  • El mundo se va a acabar (2013)[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar