Paula Alvarellos
Mercedes Paula Alvarellos Fondo,[1] coñecida como Paula Alvarellos, nada en Ponteceso en 1963, é unha avogada e política galega.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (61/62 anos) Ponteceso, España |
Alcaldesa de Lugo | |
18 de xaneiro de 2024 – ← Lara Méndez López | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Centro de Estudios Financieros (en) |
Actividade | |
Ocupación | avogada, política |
Traxectoria
editarÉ licenciada en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e Mestrado en Tributación e Asesoría Fiscal polo Centro de Estudos Financeiros.
Foi profesora no Mestrado da Avogacía da USC en Lugo, profesora-colaboradora en IFFE business school, avogada para Lugo de ACOUGA, membro do Consello Social da USC, ademais de exercer de avogada e de mediadora en Lugo.[3] Tamén traballou na inserción de expresos coa asociación Concepción Arenal.
No 2019, deu o salto á política no PSOE lugués, despois das eleccións municipais de 2019 formou parte do goberno de Lara Méndez como Tta. de Alcaldesa Delegada da Área de Gobernanza: Economía e Recursos Humanos do Excmo. Concello de Lugo[4] e Sostibilidade Urbana e Recursos Internos.[5]
O 18 de xaneiro de 2024[6] foi nomeada Alcaldesa de Lugo despois da dimisión de Lara Méndez para presentarse ás eleccións ao Parlamento de Galicia.[7][8][9]
Vida privada
editarCasou en Lugo cun arquitecto da cidade.[10] É curmá do poeta bergantiñán Miguel Anxo Mato Fondo.
Notas
editar- ↑ "Mercedes Paula Alvarellos Fonco". lugo-virtual.com. Consultado o 14/01/2024.
- ↑ Uz, Carmen (2020-01-23). "Paula Alvarellos, de militante de base a gobernanta". El Progreso de Lugo. Consultado o 2024-01-14.
- ↑ "Mercedes Paula Alvarellos Fondo - Abogado en Lugo". Infogal (en castelán). Consultado o 2024-01-14.
- ↑ "Documentos" (PDF). concellodelugo.gal. Consultado o 14/01/2024.
- ↑ "Portada". concellodelugo.gal. Consultado o 14/01/2024.
- ↑ Uz, Carmen (18 de xaneiro de 2024). "Alvarellos asume hoy la alcaldía con el reto de recomponer y de afianzar el gobierno". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2024.
- ↑ REDACCIÓN (2024-01-14). "Paula Alvarellos tomará el relevo a Lara Méndez al frente de la Alcaldía de Lugo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2024-01-14.
- ↑ "Paula Alvarellos será la nueva alcaldesa de Lugo en sustitución de Lara Méndez". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-13. Consultado o 2024-01-14.
- ↑ Diario, Nós (2024-01-13). "Paula Alvarellos será a nova alcaldesa de Lugo". Nós Diario. Consultado o 2024-01-14.
- ↑ "Paula Alvarellos, próxima alcaldesa de Lugo: una abogada de carácter que se pasó a política y la ejerce con determinación". La Voz de Galicia (en castelán). 2024-01-14. Consultado o 2024-01-14.
Predecesor: Lara Méndez |
Alcaldesa de Lugo 2024 - no cargo |
Sucesor: - |