Paul Hinder
Paul Hinder, nado o 22 de abril de 1942 en Bussnang (Suíza), é un eclesiástico católico latino suízo, actual vigairo apostólico de Arabia meridional dende 2005.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1942 (82 anos) Lanterswil, Suíza (en) |
Q61732630 | |
31 de maio de 2011 – Diocese: Vicariato Apostólico da Arábia Meridional (pt) | |
Bispo auxiliar | |
12 de decembro de 2003 – Diocese: Vicariate Apostolic of Arabia (en) | |
Bispo titular | |
2003 – Diocese: Macon (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (2003–), sacerdote católico (1967–) |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde dos Freires Menores Capuchinos |
Consagración | Crescenzio Sepe |
Traxectoria
editarPaul Hinder naceu o 22 de abril de 1942 en Lanterswil, unha vila dende 1996 parte do concello de Bussnang, na diocese de Basilea, en Suíza.[1] O 18 de setembro de 1966 profesou como relixioso capuchino, e o 4 de xullo de 1967 foi ordenado sacerdote.[1]
O 12 de decembro de 2003 foi nomeado bispo auxiliar da vigairía apostólica de Arabia e bispo titular de Macon.[1] Recibiu a consagración episcopal o 30 de xaneiro de 2004 de mans do cardeal Crescenzio Sepe, prefecto da Congregación para a Evanxelización dos Pobos, e tivo como co-consagradores principais ao nuncio Giuseppe De Andrea e ao vigairo apostólico de Arabia Giovanni Bernardo Gremoli.[1][2]
O 21 de marzo de 2005 foi nomeado vigairo apostólico de Arabia, dende 2011 vigairía apostólica de Arabia meridional.
O 13 de maio de 2020 foi nomeado por Francisco administrador apostólico da vigairía apostólica de Arabia setentrional, logo do pasamento de Camilo Ballin.[3]
Obra
editar- Als Bischof in Arabien: Erfahrungen mit dem Islam (en alemán). Libro-entrevista xunto con Simon Biallowons. Herder. 2016. ISBN 9783451809835.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario pontificio per l'anno 2009 (en italiano). Libreria Editrice Vaticana. 2009. p. 938. ISBN 9788820981914.
Macon (.....), Macon', Macontan(us) - pr. Bizacena. ✠ Paul Hinder, O.F.M.Cap., n. in Lanterswill-Steherenberg, dioc. di Basel, 22 apr. 1942; ord. 4 lu. 1967; el. 12 dic. 2003; cons. 30 genn. 2004; Vicario Apostolico di Arabia.
- ↑ "En la catedral de Abu Dhabi el cardenal Crescencio Sepe confirió la ordenación episcopal al obispo auxiliar de Arabia". Agenzia Fides (en castelán). 2 de febreiro de 2004. Consultado o 22/12/2020.
En la tarde del viernes 30 de enero, en la iglesia catedral de Abu Dhabi [...], el Cardenal Crescencio Sepe [...] confirió la ordenación episcopal a Mons. Paul Hinder [...] participaron en la consagración el Arzobispo Giuseppe De Andrea [...] y Mons. Giovanni Bernardo Gremoli.
- ↑ "Nombramiento de administrador apostólico". Ordo Fratrum Minorum Capuccinorum (en castelán). 9 de xuño de 2020. Consultado o 22/12/2020.
El 13 de mayo de 2020 el Papa Francisco nombró a S. Ex. Mons. Paul Hinder OFM Cap., Administrador apostólico del Vicariato de Arabia Septentrional luego de la muerte de Mons. Camilo Ballin, Vicario Apostólico de Arabia Septentrional.