Paul D'Amour
Paul d'Amour, nado en Spokane (Estado de Washington) o 12 de maio de 1967[1], foi o baixista orixinal da banda de rock Tool. O seu son carácterízase polo ton agresivo que desenvolveu co seu baixo Rickenbacker 4001CS, que pode escoitarse claramente no álbum Undertow.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1967 (57 anos) Spokane, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | baixista, músico, guitarrista |
Período de actividade | 1985 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Sitio web | pauldamour.com |
Traxectoria
editarOrixinalmente tocaba a guitarra e foi invitado a Tool polo guitarrista Adam Jones. Ao igual que Adam, Paul estaba nos Ánxeles porque desexaba traballar no mundo do cine. Cando foi invitado a entrar na banda xa había tempo que non tocaba, e estaba pensando en deixar a música. Paul estaba a miúdo de mal humor, polo cal a música de Tool encaixou perfectamente con el.
En 1995, Paul deixou amigablemente Tool, xa que desexaba facer algo máis experimental. Despois da súa saída formou a banda de pop psicodélico Lusk con Brad Laner, Chris Pitman (agora en Guns N' Roses) e o ex-membro de Failure Greg Edwards (agora en Autolux). En 1997 editaron o seu único traballo ata a data, titulado Free Mars.
Pouco despois da súa saída de Tool, Paul tamén tocou a guitarra nun proxecto chamado Replicants, unha banda de versións que contaba con Ken Andrews e Greg Edwards de Failure, e tamén con Chris Pitman. Eles editaron un disco autotitulado en 1995, onde Maynard James Keenan fixo unha colaboración.
A principios do ano 2005 D'Amour estivo compoñendo e actuando co nome de Feersum Ennjin. Este está inspirado na novela de ficción científica Feersum Endjinn de Iain Banks, autor tamén da novela The Wasp Factory na que se inspirou Lusk. Co proxecto editou un EP auto-titulado a través do selo Silent Uproar Records.