Adam Jones
Adam Thomas Jones, nado en Park Ridge (Illinois) o 15 de xaneiro de 1965, é o guitarrista da banda de rock Tool. Tamén é o encargado de crear os vídeos do grupo e tamén é moi respectado polo seu traballo como artista visual.
Adam Jones | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Adam Thomas Jones |
Data nacemento | 15 de xaneiro de 1965 (58 anos) |
Nado en | Park Ridge, Illinois ![]() |
Ocupación | guitarrista, escultor, músico, animador e compositor de cancións |
Instrumento(s) | guitarra, baixo, sitar |
Relacionado con | Tool |
Tempo en activo | 1990-actualidade |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Jones medrou en Libertyville, Illinois, e tocou o violín na escola de primaria. Foi aceptado no programa Suzuki e continuou tocando o violín no seu primeiro ano de instituto. Cambiou o violín e tocou o baixo durante tres anos nunha orquestra.
Amigo do guitarrista Tom Morello, o cal por aquela época vivía tamén en Illinois, tocaron xuntos na banda de rock Electric Sheep. Non pasou moito tempo ata que Adam Jones colgou o seu baixo e comezou a tocar a guitarra.