Paul Claude Silva

botánico estadounidense

Paul Claude Silva, nado o 31 de outubro de 1922 en San Diego, California, e finado o 12 de xuño de 2014 en Berkeley, California, foi un biólogo mariño e ficólogo estadounidense especializado na taxonomía das algas.

Infotaula de personaPaul Claude Silva
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1922
San Diego, California
Morte12 de xuño de 2014
Berkeley, California
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade do Sur de California
Universidade Stanford
Universidade de California en Berkeley
Tese académicaA Survey Of The Marine Algae Of California From Carmel Bay To Point Conception (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (1948 Editar o valor em Wikidata)
Coñecido portaxónomo das algas
Actividade
Campo de traballoMacroalga (pt) Traducir e biologia marinha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo mariño e ficólogo
EmpregadorUniversidade de California en Berkeley
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaP.C.Silva Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Silva completou o seu grao na Universidade do Sur de California, aínda que a súa educación foi interrompida pola segunda guerra mundial, na que serviu na Mariña estadounidense no USS Darby, participando na batalla do golfo de Leyte.[1]

Asistiu á Universidade Stanford para o seu máster, estudando con Gilbert Morgan Smith, e á Universidade de California en Berkeley (UCB) para o seu doutoramento. Máis tarde Silva traballou como botánico de investigación e conservador de algas no herbario da UCB.[1]

Silva foi un experto en nomenclatura botánica, e está considerado como o principal experto mundial no xénero Codium das clorófitas (algas verdes).[2]

Foi un dos editores desde o oitavo ao décimo sexto Congreso Internacional de Botánica, congresos que establecen o Código Internacional de Nomenclatura para Algas, Fungos e Plantas.[2]

En 1958 foi elixido presidente da Phycological Society of America.

Abreviatura editar

A abreviatura P.C.Silva emprégase pare recoñecer a Paul Claude Silva como autoridade na descrición e taxonomía e botánica.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazón externa editar