Patricia McCormick

Patricia Joan Keller McCormick, nada en Seal Beach, California, o 12 de maio de 1930 e finada no Condado de Orange o 7 de marzo de 2023, foi unha saltadora de trampolín que gañou ambos os eventos de salto en dous Xogos Olímpicos, en 1952 e 1956. Gañou o James E. Sullivan Award á mellor atleta afeccionada dos Estados Unidos en 1956, segunda muller que o conseguiu.

Patricia McCormick
Nacemento12 de maio de 1930
Lugar de nacementoSeal Beach
Falecemento7 de marzo de 2023
Lugar de falecementoCondado de Orange
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterCalifornia State University, Long Beach, Woodrow Wilson Classical High School e Long Beach City College
Ocupaciónsaltadora e nadador
FillosKelly McCormick
PremiosAssociated Press Athlete of the Year
Na rede
IMDB: nm1677889 Olympic.org: patricia-mccormick Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

De nena, nas décadas de 1930 e 1940, McCormick destacou por executar saltos de trampolín que non estaban permitidos nas competicións femininas (mergullos que tiñan fama de asustar moitos homes) e por practiar na ponte de Los Alamitos no porto de Long Beach.[1] Asistiu á Woodrow Wilson Classical High School, ao Long Beach City College e á Universidade Estatal de California en Long Beach.[2]

Tralos Xogos Olímpicos fixo xiras de saltos e foi modelo para traxes de baño Catalina. Participou no comité organizador dos Xogos Olímpicos de 1984 e comezou un programa chamado "Pat's Champs", fundación que axuda a motivar a infancia para que soñe ao grande e para que atope xeitos prácticas de obter éxito.[3]

Ao longo da súa carreira gañou tamén catro medallas nos Xogos Panamericanos, entre elas tres de ouro.

Vida persoal editar

O marido de McCormick, Glenn, foi o seu adestrador, así como doutros medallistas olímpicos en saltos de trampolín. Divorciáronse despois de 24 anos de matrimonio e el faleceu en 1995. Tiveron dous fillos: Tim, nado en 1956, só cinco meses antes de que McCormick gañase dúas medallas nos Xogos de Melbourne, e Kelly (nada en 1960), que gañou dúas medallas (prata e ouro) en saltos de trampolín.[4]

Notas editar

  1. "Amazing Moments in Olympic History: Pat & Kelly McCormick". Arquivado dende o orixinal o 2010-01-30. Consultado o 2010-09-12. 
  2. "Going For Gold". Beach (California State University, Long Beach): 15. Verán–inverno de 2016. 
  3. Carpenter, Eric (2008-08-03). "Memories as good as gold". The Orange County Register. pp. News 6. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 06 de xaneiro de 2022. 
  4. Pat McCormick. sports-reference.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar