Abrir o menú principal

Patricia Gaztañaga

Patricia Gaztañaga, nada o 25 de decembro de 1966 en Bilbao, é unha presentadora de televisión do País Vasco coñecida polo éxito do seu programa El diario de Patricia, que presentou entre 2001 e 2008.

Patricia Gaztañaga
Patricia Gaztañaga.jpg
Nacemento25 de decembro de 1966
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpresentadora de televisión
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Patricia Gaztañaga naceu en Bilbao pero a a súa infancia e mocidade transcorreron no barrio de Algorta de Getxo.

A súa andadura comezou na cadea de radio Los 40 Principales á idade de 17 anos e dous anos despois proseguiu en Radio Euskadi, para finalmente acabar fichando pola televisión pública vasca ETB onde iniciou a súa carreira televisiva participando no programa de música xuvenil Semáforo Pop.

Tras colaborar en varios programas da ETB, atopou a popularidade a nivel rexional con Ésta es mi gente, un programa onde diversos invitados achegaban os seus testemuños vitais e que acabou converténdose nun éxito de audiencia durante moitas tempadas no País Vasco,[1] ata tal punto que os seus dereitos foron adquiridos por outras televisións autonómicas como Telemadrid ou Canal 9 para facer as súas propias versións do mesmo.

Tras este éxito, Antena 3 fichouna no 2001 para dirixir un programa do mesmo formato chamado El diario de Patricia que se converteu nun programa habitual das tardes da televisión en España.

No verán de 2003, Antena 3 confiou en Patricia Gaztañaga para presentar un magacín titulado Menta y Chocolate. Corazón, concursos e consellos actúan de eixo sobre o que virou o programa. Pero o programa non tivo moito éxito e só durou ese verán.

En novembro de 2006, a presentadora renunciou voluntariamente a dirixir El diario de Patricia alegando motivos persoais,[2] sendo substituída por Yolanda Vázquez.[3]

A comezos de 2007, volveu ao seu coñecido Diario, no que chegou a cumprir os 1.500 programas, como líder absoluto na súa franxa horaria.

En abril de 2008, fai firme á cadea a súa proposta de abandonar o programa que tanto éxito lle deu. Por conseguinte, o 9 de xullo deste mesmo ano, Patricia despedíase diante os seus espectadores cun programa especial.

En setembro de 2008, a presentadora iniciou un novo proxecto á fronte de espazo No es programa para viejos de Antena 3. Os discretos resultados do mesmo cun share medio do 11,1% nas seis entregas que se realizaron do mesmo, levaron á cadea a cancelar a emisión do mesmo sen chegar sequera a emitir os dous últimos programas que inicialmente se pactaron.[4]

No 2009 comeza a traballar para a cadea Cuatro, presentando en 2010 Bodas cruzadas, programa que narraba a historia de diferentes parellas de como se preparaban para a súa voda. Desde o 14 de setembro do mesmo ano, presentou o reality show El marco, en Antena 3.

Tras estar no 2011 afastada dos medios de comunicación, en decembro dese ano anúnciase que volve a Euskal Telebista.[5] Presenta en ETB2 un concurso chamado Voy a mil.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar