Patricia Fara
Patricia Fara, nada en Oxford o 15 de abril de 1948, é unha historiadora da ciencia na Universidade de Cambridge. Desde 2016 a 2018 foi Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia. Fara é autora de destacados libros de historia de ciencia.[1]
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de abril de 1948 (76 anos) Oxford, Reino Unido |
President of the British Society for the History of Science (en) | |
2016 – 2018 ← Gregory Radick (en) – Tim Boon (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Universidade de Oxford Imperial College London |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía da ciencia, historia da ciencia, literatura infantil e xuvenil, literatura de divulgação científica (pt) e women in STEM fields (en) |
Ocupación | historiadora , profesora universitaria , historiador da ciencia , escritora |
Empregador | Universidade de Cambridge |
Lingua | Lingua inglesa |
Traxectoria
editarFara comezou a súa carreira académica como física pero logo especializouse en Historia e Filosofía de Ciencia, doutorándose no Imperial College London en 1993.[1][2]
Foi Directora de Estudos e ocupou outros cargos no Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia do Clare Colllege. En 2016 foi nomeada Presidenta da Sociedade británica para a Historia de Ciencia.
Investigación
editarAs súas investigacións céntranse no papel do retrato e a arte na historia da ciencia, a ciencia na Inglaterra do século XVIII durante a Ilustración e o papel da muller na ciencia. Escribiu sobre numerosas mulleres na ciencia, as matemáticas, a enxeñaría e a medicina, entre elas: Hertha Ayrton, Lady Helen Gleichen, Mona Chalmers Watson, Helen Gwynne-Vaughan, Isabel Emslie Hutton, Flora Murray, Ida Maclean, Marie Stopes e Martha Annie Whiteley.[3][4][5][6] Defendeu proporcionar máis apoio para o coidado dos nenos co fin de aumentar a retención das mulleres na ciencia.[7] Escribiu e é coautora de varios libros para público infantil sobre ciencia.[8] Fara tamén é revisora de libros de historia da ciencia.[9] O seu libro máis recente é A Lab of One's Own: Science and Suffrage in the First World War (2017), no que "aborda o estudo da práctica científica realizada por moitas mulleres no período da I Guerra Mundial"[1][10] entre elas Caroline Haslett[11]. En 2013, Fara publicou un artigo en Nature, no que suliñaba o feito de que as biografías das científicas perpetúan os estereotipos.[12]
Premios
editar- 2011 Premio Dingle da Sociedade británica para a Historia de Ciencia por: A Four Thousand Year History (2009)
Publicacións
editarEn Dialnet pódese consultar a súa obra,[13] na que destacan:
- Fara, Patricia (2002) Newton: The Making of Genius Pan-MacMillan.
- Fara, Patricia (2002) An Entertainment for Angels: Electricity in the Enlightenment Icon Books
- Fara, Patricia (2004) Pandora's Breeches: Women, Science and Power in the Enlightenment Pimlico Books.
- Fara, Patricia (2003). Sex, Botany and Empire: The Story of Carl Linnaeus and Joseph Banks. Cambridge: Icon Books. ISBN 9781840464443.
- Fara, Patricia (2009). Breve historia de la ciencia. Madrid: Ariel. 978-84-344-8830-4.[14]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Patricia Fara (1948)". Red española de Filosofía (en castelán). 2019-03-29. Consultado o 2020-06-24.
- ↑ Fara, P. (1993). "Magnetic England in the eighteenth century". www.opengrey.eu (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2020. Consultado o 2020-06-25.
- ↑ "Helena Gleichen: pioneer radiographer, suffragist and forgotten hero of World War I". 8 de novembro de 2019. Consultado o 29 de decembro de 2019.
- ↑ "Book Excerpt from A Lab of One’s Own" (en inglés). Consultado o 2019-01-17.
- ↑ "Science, suffrage and misogyny" (en inglés). Consultado o 2019-01-17.
- ↑ "Helen Gwynne-Vaughan: An extraordinary botanist whose problems of identity still confront female scientists today" (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ "Keep women in academia by providing childcare, historian urges universities" (en inglés). 2017-06-07. ISSN 0261-3077. Consultado o 2019-01-17.
- ↑ "Watchers of the Skies" (en inglés). Consultado o 2019-12-29.
- ↑ Moore, Wendy (2018) 'A Lab of One’s Own: Science and Suffrage in the First World War by Patricia Fara review – trailblazing feminist' The Guardian 3 Xaneiro 2018
- ↑ "Q&A: Patricia Fara on the British women scientists who broke barriers". Physics Today (en inglés). 2018-08-10. doi:10.1063/PT.6.4.20180810a.
- ↑ Bruton, Elizabeth (2018) 'When Suffragettes kicked open the lab door' Nature 10 Xaneiro 2018
- ↑ "Women in science: Weird sisters?". Nature 495: 43–44. 2013-03-06. doi:10.1038/495043a.
- ↑ "Patricia Fara". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-06-24.
- ↑ Olmedo, Francisco García. "Breve historia de la Ciencia El Cultural" (en castelán). Consultado o 2020-06-24.