Pat Wilson

músico estadounidense

Patrick George Wilson, nado en Buffalo (Nova York) o 1 de febreiro de 1969, é un músico estadounidense. É sobre todo coñecido por ser o batería da banda de rock alternativo Weezer. Tamén ten a súa propia banda, The Special Goodness, na que compón as cancións, canta e toca a meirande parte dos instrumentos, e da que tamén forma parte o batería de Offspring, Atom Willard. No ano 1984 Pat traballou e saíu de xira con Elton John.

Pat Wilson
Patrick Wilson, Weezer Bethlehem 2019 (cropped).jpg
Nome completoPatrick George Wilson
Nacemento1 de febreiro de 1969 (52 anos)
OrixeBuffalo (Nova York) Flag of the United States.svg
Ocupaciónmúsico, produtor musical, cantante e batería
Instrumento(s)batería, guitarra, baixo, voz
Relacionado conWeezer, The Special Goodness, The Rentals, Elton John
editar datos en Wikidata ]

Pat tamén tocou a batería no primeiro disco de The Rentals, Return of the Rentals, aínda que nunca tocou en directo con eles.

Antes de unirse a Weezer, el tocou na escena musical dos Ánxeles, formando parte de bandas como Bush (pero non o Bush de Gavin Rossdale), The Dum Dums e United Dirt. A primeira banda na que estivo con futuros membros de Weezer foi Sixty Wrong Sausages. En febreiro de 1992, Pat Wilson, Rivers Cuomo, Jason Cropper e Matt Sharp formaron Weezer.