Pat Garrity
Patrick Joseph Garrity, nado o 23 de agosto de 1976 en Las Vegas, Nevada, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
![]() | |
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 23 de agosto de 1976 (47 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 108 kg (238 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Lewis-Palmer (Monument, Colorado) |
Universidade | Notre Dame (1994–1998) |
NBA Draft | 1998 / Rolda: 1 / Elección: 19 Por Milwaukee Bucks |
Carreira | 1998–2008 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (1998–1999) Orlando Magic (1999–2008) |
Traxectoria profesional
editarGarrity foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Milwaukee Bucks. Os Bucks traspasaron os seus dereitos xunto os de Dirk Nowitzki ós Dallas Mavericks, a cambio dos dereitos de Robert Traylor.[1] Despois foi traspasado de novo xunto a Martin Müürsepp, Bubba Wells e unha elección da primeira rolda do Draft ós Phoenix Suns, a cambio de Steve Nash.[2] Na súa tempada de rookie en Phoenix, acadou 5.6 puntos en 39 partidos xogados.
Tras a súa primeira tempada na liga, foi traspasado xunto a Danny Manning e dúas futuras eleccións do Draft ós Orlando Magic, a cambio de Penny Hardaway. Xogou durante nove tempadas en Orlando antes de anunciar a súa retirada o 11 de setembro de 2008.[3]
Notas
editar- ↑ Wise, Mike (June 25, 1998). "Pro Basketball; 7 Feet 1 Inch of Potential at No. 1". The New York Times. Consultado o 2010-03-07.
- ↑ MacMullan, Jackie (1998-07-06). "The Nba". Sports Illustrated. Consultado o 2010-03-07.
- ↑ Pat Garrity Retires
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 12 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)