Paseo marítimo de Samil

vía peonil en Vigo

O paseo marítimo de Samil é unha vía peonil ao longo do litoral fronte á ría de Vigo, en Vigo. Este espazo público costeiro está construído na zona urbana e semiurbana da cidade na súa faciana sur, e percorre principalmente a praia de Samil. O paseo é un dos lugares onde se celebra o festival de deportes urbanos O Marisquiño.

Paseo marítimo de Samil
Playa samil.jpg
Localización
LocalidadeVigo

Historia

editar

O paseo de Samil foi ordenado polo alcalde Rafael Portanet e conceptualizado polo arquitecto madrileño Emilio Garrido no ano 1969. Ademais do paseo, o alcalde mandou construír varios aparcadoiros, vestiarios, zonas de xardíns, vestiarios e restaurantes. Nese mesmo ano, ademais, foi inaugurado un novo vial de acceso á praia, a avenida de Samil.

A construción do paseo supuxo a urbanización do litoral sur vigués, que daquela estaba composto por praias virxes, piñeirais e zonas dunares. A actuación sobre o areal para construír a paseo foi bastante controvertido, chegando a ser rexeitado por grandes persoeiros de xeito público, entre os que destacaron Valentín Paz Andrade ou Eduardo Blanco Amor.[1]

Abonda contemplar a mole de cemento [...] para calcular as consecuencias tan. nocivas coma irreparábeis
Manifesto asinado contra o paseo de Samil, 16 de outubro de 1970

Malia as críticas, o alcalde Portanet e o seu equipo de goberno fixeron caso omiso e continuaron as obras.

Pretendemos acabar coa anarquía que reina na zona de Samil, ateigada de chabolas inmundas.
Declaracións de Portanet nun pleno municipal, 1970.


Finalmente, e sen inauguración oficial, foi estreado o paseo.[2]

Galería de imaxes

editar
  1. "O muro de Samil cumpre cincuenta anos.". Vigoe. Consultado o 30 de xuño de 2024. 
  2. "O muro que separou Vigo de Samil". La Voz de Galicia. Consultado o 30 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar