Paseo de Afonso XII (Vigo)

vía urbana en Vigo

Coordenadas: 42°14′12″N 8°43′41″O / 42.236626232197, -8.7281002762508

O paseo de Afonso XII é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na rúa Elduayen e remata na rotonda onde conflúen as rúas Falperra e Pi y Margall. Inaugurouse en 1943 como un bulevar,[1] e leva o nome de Afonso XII de España.

Paseo de Afonso XII
Localización
InicioRúa de Elduayen
FinRúas de Pi y Margall e Falperra
LocalidadeVigo

Nela localízase un dos miradoiros máis importantes da cidade, un balcón de balaustrada metálica con bancos e plataneiras onde se atopan dous dos símbolos da cidade: A Oliveira e a escultura A Fada e o Dragón. A primeira remita ao pasado vigués, cando a burguesía da cidade apoiara a Xoana a Beltranexa durante a sucesión da coroa de Castela. Daquela, a cidade estaba ateigada de oliveiras, que foran arrasadas e queimadas como represalia.[2] A oliveira do paseo de Afonso XII lembra esta efeméride, e emula o crecemento da árbore como metáfora de crecemento da cidade. A segunda escultura, de Xaime Quesada, é unha homenaxe a poetas, trobadores e cancioneiros da tradición oral galega.

Elementos singulares

editar

Galería de imaxes

editar
  1. "Así era o paseo de Alfonso XII e así o imaxina Alfonso Penela coa peonilización.". VigoE. Consultado o 8 de xullo de 2024. 
  2. "Paseo de Alfonso XII". Concello de Vigo. Consultado o 8 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Oliveira dos cen anos

Ligazóns externas

editar