Pasar por Nida

Pasar por Nida é unha obra de teatro escrita e dirixida por Roberto Salgueiro. Foi estreada o 30 de novembro de 2017 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A obra conta a historia dunha muller que traballa como restauradora nun país do norte de Europa e realiza unha viaxe para ver o mar Báltico.

«Empezamos cun proceso de traballo a partir da música, de espazos sonoros e de improvisacións. Segundo iamos avanzando, eu ía escribindo o texto para as actrices», explica o director da Aula de Teatro da Universidade, Roberto Salgueiro.

A compañía levou a obra por diferentes puntos de Galicia pero tamén a outros países, como Portugal ou Lituania.

O elenco de actores estivo formado por Lara Pouso, Carmen Tomás, Icía Rodríguez, Mar Pérez e Noa Fernández.