Partido Socialcristián (Austria)

O Partido Socialcristián (en alemán, Christlichsoziale Partei, CS ou CSP) foi un partido político austríaco de orientación dereitista, activo no período que vai de 1893 a 1934, durante o Imperio Austrohúngaro e a Primeira República austríaca. Trala súa fundación, medrou rapidamente até se converter nun dos partidos máis importantes da monarquía. Durante a Primeira República estivo presente en tódolos gobernos federais até 1934 e, dende 1920, de xeito xeral, ostentaba a Chancelería federal e dende 1928, tamén, a Presidencia federal. Os seus cargos máis importantes facilitaron a transición ao réxime autoritario do estado corpotativo ("austrofascismo"), despois de cuxo establecemento se disolveu.

Partido Socialcristián
Christlichsoziale Partei
Dirixentes e organización
LíderKarl Lueger e Ignaz Seipel
Historia
Fundación1893
Disolución1934
Posicións políticas
IdeoloxíaConservadurismo [1]
Catolicismo político[1]
Nacionalismo[2]
Antisemitismo[3][4]
Populismo
Corporativismo[1]
Outros datos
SedeViena

É considerado un antecedente do actual Partido Popular de Austria (ÖVP).

TraxectoriaEditar

 
Cartel antixudeu do Partido Socialcristián para as eleccións de 1920. A inscrición reza: Cristiáns alemáns, salvade Austria!.

O seu precursor foi o Movimiento Social Cristián en Austria creado por a partir do semanario católico Wiener Kirchenzeitung, de Sebastian Brunner, publicado en 1848, como pioneiro da prensa católica e das asociacións católicas fundadas polo cardeal Anton Gruscha en 1852.[5] Posteriormente, outros grupos fusionáronse no CS, como os "conservadores católicos", os "demócratas", os "reformadores comerciais", a "Asociación Libre de Oficiales católicos de política social" de Liechtenstein ou, o máis importante, a "Asociación Cristiá de Traballadores Sociais" fundada en 1892 por Leopold Kunschak.[5]

O partido propiamente, foi fundado en 1893 por Karl Lueger. A súa orientación era burguesa e católica; había moitos sacerdotes no partido, incluído o chanceler Ignaz Seipel. Isto atraeu moitos votos da poboación rural conservadora e da burguesía urbana: artesáns, funcionarios e comerciantes. O seu apoio á monarquía austrohúngara tamén lle trouxo unha gran popularidade entre os nobres.

O antisemitismo do partido social-cristián baseábase en concepcións relixiosas propias da época e non en principios racistas. Até a década de 1890, as asociacións electorais arredor de Lueger tiñan nome como "antisociais e sociais cristiás" ou só "antisemitas".[6]

A actitude deste movemento foi exacta e sistemática cando obtivo o apoio das masas porque os seus líderes sabían que deste xeito era máis doado acadar os seus obxectivos. Ademais, intentaron evitar o máximo posible calquera controversia relacionada con institucións relixiosas; a consecuencia deste comportamento foi que gañou o apoio dunha organización tan poderosa como a Igrexa. Por outra banda, os líderes do partido cristiano-social sabían a importancia da propaganda e baseándose nela aproveitaron as circunstancias actuais para influír no estado de ánimo dos seguidores ou adeptos.

De 1907 a 1911, foi o partido máis forte da cámara baixa do Reichsrat, pero máis tarde perdeu esta posición ante o Partido Socialdemócrata Austríaco (SPÖ). Durante a Primeira guerra mundial apoiou ao goberno, pero despois do remate da monarquía en 1918 votou a favor da creación dunha república e da adhesión de Austria a Alemaña (Anschluss).

De 1918 a 1920 formou unha coalición co SDAPÖ. Despois das eleccións de 1920, nas que foi elixido como o partido máis forte, formou unha coalición co Partido Popular de la Gran Alemaña e o Landbund. Todos os chanceleres austríacos desde 1920 foron membros do Partido Social Cristián, e o mesmo ocorreu coa presidencia austríaca de 1928 a 1938. A partir de 1929, o partido intentou formar unha alianza co movemento Heimwehr. Debido á inestabilidade desta coalición, a dirección do partido decidiu restablecer a coalición co Landbund e co Partido Popular de la Gran Alemaña para as eleccións de 1930.

No proceso de instauración da ditadura austro-fascista, o chanceler social-cristián Engelbert Dollfuß transformou o Partido Social Cristián na Vaterländische Front (en galego, Fronte Patriótica) en 1933. Despois do Anschluss de Austria ao Terceiro Reich, o partido foi prohibido en marzo de 1938 e deixou de existir. Despois da Segunda guerra mundial, o partido non se volveu fundar, pero a maioría dos seus partidarios e membros decidiron, porque o nome do partido seguía estreitamente ligado ao austrofascismo, fundar o Partido Popular austríaco.

Personalidades do partidoEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lewis (1990), pp. 102–103.
  2. Spohn (2005), p. 51.
  3. Pauley (1992), pp. 152–158.
  4. Payne (1995), p. 58.
  5. 5,0 5,1 Czeike (1995), pp. 495-496.
  6. Eminger (2008), p. 400.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Czeike, Felix, ed. (1995). "Partei, Christlichsoziale". Historisches Lexikon Wien, tomo 4 (en alemán). Viena: Kremayr & Scheriau. ISBN 3-218-00546-9. 
  • Eminger, Stefan (2008). Niederösterreich im 20. Jahrhundert. Tomo 1: Politik (en alemán). Böhlau - Viena: Lower Austrian State Archives. ISBN 978-3-205-78197-4. 
  • Lewis, Jill (1990). Conservatives and fascists in Austria, 1918–34 (en inglés). 
  • Payne, Stanley G. (1995). A History of Fascism, 1914–1945 (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press. 
  • Pauley, Bruce F. (1992). From Prejudice to Persecution: A History of Austrian Anti-Semitism (en inglés). University of North Carolina Press. 
  • Spohn, Willfried (2005). Entangled Identities: Nations and Europe (en inglés). Ashgate.