Partido Regionalista del País Leonés

O Partido Regionalista del País Leonés (Partido Rexionalista do País Leonés en galego) (PREPAL) é un partido político español de carácter leonesista.

Partido Regionalista del País Leonés
Logo
AcrónimoPREPAL
Tipopartido político
Ideoloxíaleonesismo, Democracia cristiá e valores europeus
Data de fundación18 de setembro de 1980
Presidente/aFrancisco Iglesias Carreño (en) Traducir (-) Editar o valor em Wikidata
SedeZamora
PaísEspaña
Na rede
http://www.prepalpaisleones.com/
editar datos en Wikidata ]

Fundación editar

O PREPAL foi fundado en 1980 polo cidadán zamorano Francisco Iglesias Carreño, presidente de Ciudadanos Zamoranos (CC. ZZ.) e dirixente do Movimiento Leonesista (M.L) , quen foi o primeiro Secretario Xeral e despois Presidente da formación. Dende a súa fundación tivo implantación nas provincias Salamanca, Zamora, e León.

A iniciativa da fundación do PREPAL foi desenvolvida por Carreño no curso dunha reunión dos grupos culturais GRES, CCZZ e GAL, do Movemento Leonesista M.L., celebrada na cidade de Toro.

Comarcalismo editar

Cada terceiro domingo de maio, Cidadáns Zamoranos CC.ZZ organiza a Festa das Bisbarras do País Leonés («VALORIO») no bosque de Valorio, próximo á cidade de Zamora.

A primeira edición de VALORIO foi prohibida polo Goberno Civil de Zamora durante o mandato de UCD.

O PREPAL asumiu, dende a súa fundación o comarcalismo das provincias de León, Zamora e Salamanca, facendo diso signo antropolóxico diferenciador do Reino Leonés e do País Leonés.

Constitucionalismo editar

O Partido Regionalista del País Leonés autodefínese como «social e democraticamente avanzado». Foi o primeiro que presentou na circunscrición electoral de Madrid unha candidatura integrada ao completo por mulleres leonesas. Propugna a creación dunha Comunidade autónoma integrada polas provincias de Salamanca, Zamora e León, por aplicación formal e directa da Constitución Española de 1978 e, polo tanto, no actual marco constitucional de España e dentro da Unión Europea.

Coroa leonesa editar

O PREPAL propugna a «fraternidade convivencial» entre as catro rexións históricas da coroa leonesa: Estremadura, o Reino de León, Galicia e Asturias, «actualizada a niveis de comunicación, interacción económica e potenciación antropolóxica actual».

Acordos UCD - PSOE de 1981 editar

O PREPAL disente dos acordos establecidos polos grupos UCD e PSOE o 31-7-1981 e sostén a validez dos dereitos constitucionais do pobo leonés, derivados tanto da Constitución Española de 1931 como pola Constitución Española de 1978. Así mesmo, propugna a homoxeneidade constitucional para as catro rexións históricas da coroa leonesa, dando o cualificativo de «Rexións constitucionais» a Estremadura, o Reino de León, Galicia e Asturias.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar